2º Comunicado Raid Valdeorras 06
Olá! Xa podedes acceder ao comunicado definitivo sobre o raid multiaventura do clube na páxina web da proba. Nel atoparedes información sobre como inscribirse (no noso caso a inscrición e atraverso do clube para o que me tedes que chamar a min ao 606-130-120) e o material necesario, ademais de o regulamento da proba. En definitiva con que sexades equipas de 3 persoas con gañas de pasar un dia divertido practicando orientación en bici, pirauga,...xa esta. Só necesitades a BTT, o casco, un coche de apoio e pouco máis.
Se alguén lle da medo polo da condición física o técnica podovos dicir que esta pensando para todos os públicos, habendo persoal de apoio en actividades clave como o rapel e o tiro con arco. Respecto ao caiac de augas bravas o tramo é de nivel 2 (alternancia de rápidos e augas tranquilas) sen maior dificultade dado a seca veraniega.
Polo momento os incendios van respectando o trazado do raid. En todo caso, desde eiquí queremos solidarizarnos co Club Montañeiros de Pontevedra que organizaba o Trofeo Ibérico (+ de 50 equipas de España e Portugal) aos que se lles queimou o 90% do trazado, con todo o que supón despois de moitos meses de traballo. Como referencia dicir que no noso caso levamos un ano e medio traballando para organizar o I Raid Valdeorras.
Hai só prazas para 40 equipas, non vós despistedes que o prazo de inscrición remata o luns, 4 de setembro.
Nesa semana, o mércores 6 ás 8 da tarde faremos unha reunión no clube con aqueles socios e socias que queiran colaborar como voluntarios na organización o dia da proba. Temos aloxamento gratuito para venres e sábado e comida (pic-nic) e cea durante o sábado. Fai falta bastante xente para estar nas mesas de control. Xente para asegurar e montar o rapel en principio xa temos. Este apartado vai coordenalo Elias.
Un saudiño e ánimo que seguro que o pasamos ben!
1 comentario:
A web da proba esta enlazada desde a páxina de inicio do club. En todo caso é:
http:/usuarios.lycos.es/raidvaldeorrras
Publicar un comentario