Houbo que volver
O Mampodre soubonos a pouco e tivemos que volver buscando algún corredorcito no que abusar da ferralla e a poliamida para dibuxar elegantes liñas de acceso a algún privilexieado mirador daquelas vastas paisaxes.
Macutos desproporcionados acompañaron a nosa visita ás cicatrices da Polinosa. O branco manto non presentaba condicións e a orgullosa dona non nos deixou enredar entre os pregues da súa saia. Mais non desesperamos no noso intento de ollar os vales desde a perspectiva da fermosa señora e subimos paseniño polo súa silueta. O Valcerrao, vértebra e embigo dos Mampodres tamén chamou a nosa atención e aló fomos. Quixemos ademais volver a aquel mítico collado - si Pedro, o dos ventos afuracanados, moi mítico e agora máis hospitalario-.
De vez en cando mirabamos cara oriente buscando no horizonte a tres paisanos en camello que disque están chegando por ese lado, máis solo se nos ía a mirada para aquela estilizada e solitaria "señora montaña" que non puidemos marchar sen visitar. A cara norte do Espigüete fixo bos todos os porteos innecesarios deses pinchos tantas veces inútiles. ¡Señora Montaña! Solitaria, esvelta polo seu flanco, enorme e xélida polo norte, de branca pel suave (moi suave, esvaradiza diría eu!). Preciosa.
-E mañá que facemos Joe.
-Pois podíamos durmir en Collado Jermoso.
-Pois si.
-Pois vamos.
E fomos por Asotín, Solano e Congosto. Faiedos, collados e canales que se vían borrosas, escuras, na lembranza do Joe. Novas para mín. E divisamos aquel faro, luz dos navegantes dos Picos, esperanza de montañeiros embarcados en tardías ascensións, ejem... ejem... Refuxio de refuxios, alpino, estremecedor ó pe da Palanca e o Llambrión. Escalofriante polo sur. Fantástico polos catro costados. Gracias señor Mella. Gracias Maldonado, Pemán e Montesdeoca.
Que veña bo o 2007. Saúdos dos rebecos de Verín.
1 comentario:
Non sei terei que falar co Monchiño a ver que e eso de dar tantos dias de descanso, feliz ano. jajajaja
Publicar un comentario