29.4.07

Coñece 2007-Montaña/Escalada-Baltar


COÑECE 2007 - Baltar


Terceira actividade do Proxecto Coñece 2007, nesta ocasión acercarémonos a Baltar para iniciarnos na progresión en roca orientada tanto a montaña coma apropia escalada. En Baltar, nun monte coronado por unhas placas de granito de grandes pitotes, atopamos o sitio ideal para iniciarnos no manexo de arnés, corda e elementos de seguridade en xeral.


OS DATOS

DATA: Sábado 05-05-07

HORA: 09:00 horas

LUGAR: Saida dende o local social do club

MATERIAL:Calzado de suela ríxida, roupa cómoda, comida. O material técnico depende do club.


OUTRAS ACTIVIDADES "COÑECE"


12/05/2007 - COÑECE O SENDEIRISMO - Bosque de Redimoas (Beade - Ribadavia)Percorrido sendeirista de iniciación por un fermoso bosque pertencente a Asociación Cultural - Ecoloxista Redimoas
26-27/05/2007 - COÑECE A ESPELEOLOXÍA - Covas - O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.
23-24/06/2007 - COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito.

1 comentario:

csi dijo...

Me parece que Carlos Peggy tiña por ahí uns croquis das vías. A ver si podedes traer unhas fotocopias para os nenos de Verín. A semana pasada estivemos na zona e entrando por Fontearcada chegamos co coche casi ata o pe do penedo aínda que hai algún cacho de camiño algo chungo. Con furgonetas chégase moi ben.