Sendeirismo-COÑECE 2007-Ridimoas
Cuarta actividade do Proxecto Coñece 2007, nesta ocasión toca dar a coñecer o sendeirismo cunha saida o Bosque de Ridimoas, bosque xestionado por unha asociación ecoloxista do mesmo nome que iniciou a súa andaina polo ano 1976.
Faremos unha ruta sinxela acompañados por un responsable da asociación que nos amosará o bosque dun xeito ameno e didàctico. Xantaremos perto de Pena Corneira para facer un pequeno paseo pola tarde nos arredores. ¡Un día relaxado!
OS DATOS
DATA: Sábado 12-05-07
HORA: 09:30 horas
LUGAR: Saida dende o local social do club
MATERIAL:Calzado e roupa cómoda, comida.
OUTRAS ACTIVIDADES "COÑECE"
26-27/05/2007 - COÑECE A ESPELEOLOXÍA - Covas - O Barco (Zoa de traballo do Club Alpino Ourensán)Iniciarse na exploración das cavidades soterradas dun xeito doado e disfrutando da paisaxe que dibuxa o río Sil.
23-24/06/2007 - COÑECE OS RAIDS DE ORIENTACIÓN – Muiños.Sendeirismo, BTT e piraguas xuntas trazando un percorrido sobre mapa para disfrutar da natureza doutro xeito
No hay comentarios:
Publicar un comentario