13.5.07

Comunicado Xunta Directiva


O xoves 26-04-07 reuniuse a Xunta Directiva no local social do club para analizar a nova situación que se plantexa ante a dimisión dos dous vocais que levan a sección de montaña. Tras falar do tema largo e tendido a Xunta Directiva acordou tomar as seguintes decisións que referimos a continuación:
-Agradecer e recoñecer tanto a Ana coma a Quico o traballo feito durante todos estos anos en favor do club.

-Chegouse a conclusión de que o novo proxecto directivo queda “tocado” pola dimisión dos vocais de montaña. Ante esta situación optase por sacar adiante os compromisos adquiridos para este ano cos socios e coas institucións (Concello de Ourense, Casa da Xuventude, Universidade de Vigo)

-Reformar os estatutos do club, tal e como se considerou na Asamblea Extraordinaria de 2006, e sometelos a aprobación ante os socios no mes de setembro. Durante os meses de xuño e xullo exporanse no club e na web os actuais estatutos e as propostas de cambios a realizar nos mesmos para que todos poidan opinar no intre de sometelos a aprobación.

-Posteriormente e tras seren ratificados por parte da Xunta de Galicia os estatutos aprobados na asamblea, convocaranse eleccións a presidencia do club acorde cos novos estatutos da entidade, para o mes novembro ou decembro.

A Xunta Directiva

1 comentario:

junio dijo...

sin comentarios ?