Asamblea Xeral Ordinaria
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Convocatoria Asemblea Xeral ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:
11.1. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, tras a convocatoria do presidente, polo menos unha vez ao ano, para tratar das seguintes cuestións:
ORDE DO DÍA
11.1.1. Memoria, liquidación do orzamento, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación, se procede.
11.1.2. Orzamento para o seguinte exercicio.
11.1.3. Proxecto e propostas do presidente ou da Xunta Directiva.
11.1.4. Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas polo menos polo cinco por cento destes.
11.1.5. Rogos e preguntas.
3 comentarios:
ASAMBLEA XERAL
Artigo 10º
10.1- A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno da Asociación e estará integrada por tódolos seus socios.
10.2- Terán dereito a voto na Asemblea Xeral, aqueles socios maiores de idade presentes ou representados, que teñan máis de dous anos de antigüidade no Club e estean ao corrente no pagamento das cotas.
10.3- As Asembleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria cando concorran a ela, presentes ou representados a maioría dos seus asociados. En segunda e última convocatoria media hora máis tarde, quedará constituída calquera que sexa o número de membros presentes. Entre a data de convocatoria e o día sinalado para a súa celebración terán de mediar, como mínimo, dez días naturais e non poderá transcorrer máis de 20.
Artigo 11º
A Asemblea Xeral convocarase polo Presidente a iniciativa propia ou do vintecinco por cento, ó menos, dos socios de número.
11.1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:
tedes que facer as cousas ben.chapuzas fora.
esta convocatoria non cumple ningún dos requisitos
a convocatoria de asamblea xeral ordinaria xa foi feita o ano pasado para o 22 de decembro pero de xeito incomprensibel non foi celebrada e ademais o clube atopabase pechado por vacacios,ninguen deu explicacion algunha.
Pareceme unha falla de respeto a os socios.
Agora convocase de supeto sen tempo e xeito
Hai que ter un pouco mais de coidado respetando os prazos de convocatorias,envios de comunicacios a os socios con tempo para que poidan participar nas distintas actividades e citas coma esta
Por suposto Carlos ,estou dacordo,non se cumplen os requisitos nesta convocatoria
A convocatoria oficial desta asemblea xeral foi remitida no Cairn nº 51 que estaba nas vosas casas a semana pasada (si non o recibides pasade polo local ou chamade para correxir erros). O anuncio no blog é un mero recordatorio (non é unha convocatoria) para que asistan a asemblea o maior número de socios.
A citada asemblea do día 22 de decembro nunca foi convocada. Figura no calendario de actividades no Cairn nº 50 (¡ non é unha convocatoria!) por un erro xa que cando retiramos o artigo da convocatoria esquecéusenos de que figuraba a data no calendario de actividades. Decidimos non facer a convocatoria xa que se nos comunicara a obriga de cambiar de local social por cambio de propietario e non era plan facer vir a os socios e non ter onde facela. Non houbo por tanto convocatoria oficial. Non procedía desconvocar unha asemblea que non fora convocada oficialmente. Si procedía comunicar que a nota no calendario de actividades era un erro. Disculpas
Efectivamente o club estaba pechado o día 22 xa que no blog comunicamos que pechaba o día 19 despois da festa do Nadal que celebramos no local.
Estaremos maís atentos no futuro para evitar ferir susceptibilidades e sempre podedes acudir a asemblea para expor as vosas queixas ou incluso impugnar dita Asemblea Xeral Ordinaria si o considerades oportuno.
Publicar un comentario