Coñece 09 - BTT
Maio Xoven
Coñece a BTT
10 de maio de 2009
Actividade Coñece 09 tamén ofertada na presente edición 09 do Maio Xoven
10.05.09. Coñece a BTT. Percorrido de bicicleta de montaña, sinxelo, para aproximarse a esta modalidade deportiva polos sendeiros sitos nos arredores de Ourense e nos concellos limítrofes. Ruta dunhas 4 horas de duración e de escasa dificultade pero contando con que calqueira das saidas da cidade tiran cara arriba ainda que non o busquemos. Sairemos as 09:30 dende o Parque Barbaña(explanada) e contamos con estar de regreso a hora de xantar (salvo despiste). Interesados chamar o teléfono 988 232 628 ou pasar polo local social do club.
Os datos
Data:10 de maio de 2008
Hora:As 09:30 horas no Parque Barbaña
Dificultade:Fácil
Material:Bicicleta e casco
As outra actividades Coñece 09
16.05.09. Coñece o Sendeirismo. Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás.
17.05.09. Coñece a Espeleoloxía. O Caurel. Cova de Ceza. Iníciate na exploración das cavidades soterradas nunha cova de desenrolo horizontal e con un curso de augas que se inicia cun lago interior no fondo da mesma.
20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos Lugar por confirmar dependendo das condicións climatolóxicas e niveis de auga.
27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís Multiactividade en Muíños con actividades de orientación, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.
O Club Alpino Ourensán, en colaboración con Deporte Galego, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade. O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo. O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario