Espeleoloxía-Coñece 09
Coñece 09
17 de maio en O caurel
Actividade do "Proxecto Coñece 09" na que nos iniciaremos na exploración das cavidades soterradas. Visitaremos a zona de O Caurel para explorar a cova "Ceza" perto de Seoane do Caurel. A cova de Ceza é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva, tamén percorre esta cova un regato que nace dun pequeno lago situado no fondo da mesma e que tamén visitaremos.
Para mais información e inscripcións pasate polo local social os luns, mércores (19:00 a 21:00 horas) e venres (20:00 a 22:00 horas) ou chama o teléfono 988 232 628)
Os datos
Data: 17 de maio de 2009
Hora: As 10:00 horas dende o local social
Material: Mono de traballo ou roupa vella, comida. O material técnico facilitado polo club.
Outras actividades Coñece 09
16.05.09. Coñece o Sendeirismo
Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás.
20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos
20.06.09. Coñece o Descenso de Barrancos
Lugar por confirmar dependendo das condicións climatolóxicas e niveis de auga.
27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís
27,28.06.09. Coñece as Actividades Infantís
Multiactividade en Muíños con actividades de orientación, sendeirismo, escalada , xogos e todo pensando nos mais pequenos.
O Club Alpino Ourensán, en colaboración con Deporte Galego, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade. O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo. O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto
No hay comentarios:
Publicar un comentario