22.9.09

ORIENTACIÓN


GRANDE PREMIO CAMIÑO XACOBEO DO INVERNO
SÁBADO, 3 DE OUTUBRO DE 2008
Proba puntuábel para a
XIXª LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA

Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (CAM)
A.Ga.C.O. (Asociación Galega de Clubes de Orientación)
F.E.D.O. (Federación Española de Orientación)

Este ano -véspera do Xacobeo 2010- queremos adicarlle esta
proba a todos aqueles pelegríns que desde épocas
inmemoriais, e tamén hoxe, teñen optado pola variante
valdeorresa do Camiño Francés coñecida como Camiño do
Inverno, á espera do seu recoñecemento oficial ainda que xa
o teña secular.
O mapa de orientación de O Castro ésta atravesado de Leste
a Oeste por este roteiro que entra nas Terras de Valdeorras
atravesando o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
e seguindo o vello itinerario romano de Antonino, tamén
coñecido como Via Nova.
Queremos agradecer desde eiquí unha vez máis o decidido
apoio do Concello de O Barco de Valdeorras e en especial ás
Concellarias de Deportes, Protección Civil e Medio Ambiente,
sen o que este 2º Trofeo de O-Pé non sería posible. Para
eles o noso máis profundo agradecemento.
Que o desfrutedes!!
VÉMONOS NO MONTE!!

Sección de Orientación Deportiva
Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda (CAM)

1.- DATOS XERAIS

· Tipo de proba: Carreira de Orientación Pedestre de
Distancia Clásica.
· Organización:
- Clube Alpino Ourensán-Clube Alpino Manzaneda
(C.A.M.): móbil 606 130 120
- Concello de O Barco (concellarías de Deporte, Medio
Ambiente e Protección Civil
· Colaboración:
- Clube ADAS-Proinor (móbil 629 632 999)
- Clube Pena Trevinca-Barco
· Supervisión:
-A.Ga.C.O.: Asociación Galega de Clubes de
Orientación
- F.E.D.O.: Federación Española de Orientación
Baixo o amparo da I.O.F.1

· Data: Sábado, 3 de outubro de 2009
· Horario: 1ª saída ás 11:00 h. A Secretaría estará aberta na
praza de O Castro a partir das 9:30 h da mañán ese mesmo
dia. O dia anterior a Secretaría abrirá no Centro de
Interpretación da Natureza-Albergue da localidade de
Outeiro a carón da ermida (Concello de O Barco de
Valdeorras) de 21:00 h a 22:00 h. A Secretaría pecharase 15
minutos antés da saída do derradeiro corredor. A meta
pecharase dúas horas e media despois da saída do derradeiro
corredor.
· Lugar da Saída-Meta: Praza de O Castro de Valdeorras
(Concello de O Barco de Valdeorras-Ourense). Haberá
sinalización no acceso centro a O Barco desde a N-120.

2.- PROGRAMA

Venres, 2 de Outubro:
.- 21:00 a 23:00 h: Apertura do Secretariado e o
chan duro (Pavillón Vello) enfronte do Concello novo.
.- 24:00 h: Silencio
Sábado, 3 de Outubro:
.- 09:30 h: Apertura do Secretariado e peche do
albergue.
.- 11:00 h: 1ª Saída
.- 14:30 h: Entrega de Trofeos e Medalla na praza de
O Castro de Valdeorras.
En caso de mal tempo, desprazarase a entrega ao Pavillón Vello,
enfronte do edificio novo do Concello (rúa de España), na
localidade de O Barco de Valdeorras. Aparcamento gratuito en
RENFE.

3.- MAPA
Mapa base elaborado por Javier Arufe do Club APA-Liceo de A
Coruña, sendo o definitivo realizado polos portugueses Alexandre
Soares Dos Reis e Valdemar Sezim en outubro de 2007.
Realizado en escala 1:10.000 e con equidistancia de 5m entre as
súas curvas de nivel.
A partir do 3 de setembro estará proibido o acceso ao terreo de
calquer/a competidor/a conforme ao regulamento da AGaCO.

4.- TERREO
Terreo continental galego de baixa montaña cun ecosistema de
transición atlántico-mediterráneo. Bosques mixtos de piñeiros,
castiñeiros, carballos, aciñeiras e sobreiras, alternando con
viñedos e terreo basto.
O terreo posue distintos niveis de vexetación nos seus bosques,
pero tamén superficie de monte baixo máis ou menos tupida con
xesta e toxo. Conta cunha importante diversidade de detalles
técnicos de tipo vexetal (árbores, troncos,…) e outros proprios
do relevo (cortados, buracos, pequenas depresións,...).
A rede de camiños é extensa, levando a distintas zonas técnicas
de boa ou mediana penetrabilidade. Este ano observase unha
tendencia ao aumento da vegetación rastreira en xeral, ainda que
hai zonas que foron rozadas.

5.- UBICACIÓN E ACCESO Á ZONA DE COMPETICIÓN
A saída é meta estaran na praza da localidade de O Castro de
Valdeorras (Concello de O Barco de Valdeorras), á que se accede
fácilmente desde a enlace centro de O Barco que hai na estrada
N-120. Haberá sinais indicadoras nos enlaces próximos.
Para aparcar recomendase a zona do povo que hai entrando á
dereita despois de sobrepasar un bar.
Hai dous establecementos hosteleros no povo con servizo de
cafeteria e baños, un entrando á dereita e outro antés da praza.

6.- INSCRICIÓNS
A inscrición para federados en orientación será sempre
individual. Os non federados en orientación poderán inscrirbirse
a título individual, como parella ou grupo.
Os non federados en orientación teñen que dirixirse a calquera
clube do listado da web da AGaCO para tramitar a súa inscrición.
Para os non federados, os clubes utilizarán o formulario oficial
da FEDO, de xeito que a organización da proba poida tramitar a
súa licenza por un día. Para os federados en orientación,
utilizaranse os formularios oficiais que posue cada clube.

Mais información no local social do club...

2 comentarios:

Xan Trigo dijo...

Ola a todos e todas, a continuación vai a relación de distancias, desniveis e controis de cada percorrido. Temos feito un esforzo moi importante por ofrecervos uns percorridos variados e distintos aos do ano pasado. Esperamos que vos fatisfagan. Este ano os desniveis son importantes. A información que se ofrece a continuación é aproximada.

- Percorrido 1: 1.770 km / 95m/ 9 PC

- Percorrido 2 :1.960km / 130m/ 10 PC

- Percorrido 3: 2.850km / 220m/ 17 PC

- Percorrido 4: 3.330km/ 255m/ 17 PC

- Percorrido 5: 4.730km / 390m/ 19 PC

- Percorrido 6: 5250km / 415m/ 22 PC

- Percorrido 7: 6560km / 450m/ 26 PC


AVITUALLAMENTO: Recomendase levar líquido durante a carreira. Só haberá avituallamento na zona de meta. Ademáis hai unha fonte pública na praza principal do pobo do Castro.

CHAN DURO: Só haberá aloxamento gratuito no Albergue-Centro da Natureza. NON NO PAVILLÓN.

Por favor dadelle a maior difusión posíbel entre os participantes do voso clube.


Un saúdo!



Xan Trigo

Xan Trigo dijo...

Ola a todos e todas, a continuación vai a relación de distancias, desniveis e controis de cada percorrido. Temos feito un esforzo moi importante por ofrecervos uns percorridos variados e distintos aos do ano pasado. Esperamos que vos fatisfagan. Este ano os desniveis son importantes. A información que se ofrece a continuación é aproximada.

- Percorrido 1: 1.770 km / 95m/ 9 PC

- Percorrido 2 :1.960km / 130m/ 10 PC

- Percorrido 3: 2.850km / 220m/ 17 PC

- Percorrido 4: 3.330km/ 255m/ 17 PC

- Percorrido 5: 4.730km / 390m/ 19 PC

- Percorrido 6: 5250km / 415m/ 22 PC

- Percorrido 7: 6560km / 450m/ 26 PC


AVITUALLAMENTO: Recomendase levar líquido durante a carreira. Só haberá avituallamento na zona de meta. Ademáis hai unha fonte pública na praza principal do pobo do Castro.

CHAN DURO: Só haberá aloxamento gratuito no Albergue-Centro da Natureza. NON NO PAVILLÓN.

Por favor dadelle a maior difusión posíbel entre os participantes do voso clube.


Un saúdo!



Xan Trigo