28.10.09

Magosto Social 2009


Magosto Social 2009
7 e 8 de novembro

Festa do magosto a celebrar, como xa é tradición, no refuxio “Pena do Caldeiro” en Manzaneda os días 7 e 8 de novembro. Teremos actividades de sendeirismo, orientación, e algunha outra mais o sábado pero coma sempre serán os participantes e as condicións climatolóxicas as que decidan, o que facer e como facelo, cando se achegue a data. Pernocta no refuxio con cena, festa da castaña e queimada (“QuerosenoElias”) ata que o corpo aguante. O domingo será o estado físico dos participantes o que decida que se pode facer…Segue a información que xurda desta actividade nesta mesma páxina ou ponte en contacto co club.

Proposta Menú Cena
- Empanadas (Setas, chipirons, carne e chourizo)
- Chourizos
- Bica
-Licores espirituais

PREZO
Ainda por confirmar (en torno os 12 €)

1 comentario:

csi dijo...

Queroseno Elias, juas juas juas