2.10.09

Actividades 4º trimestre 09

Calendario Actividades 4º Trimestre 09

OUTUBRO

3 de outubro

ORIENTACIÓN. IIº TROFEO DE CARREIRA DE ORIENTACION PEDESTRE CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS

10-12 de outubro

SENDEIRISMO- Fuentes Carrionas –Palencia.

10-12 de outubro

ESPELEOLOXÍA- VIII CAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA.

Alto Curueño – León

24 de outubro

SENDEIRISMO- Os Peares – Interesante excursión con retorno en tren.

24 e 25 de outubro

MONTAÑA - Ubiña - Morronegro desde Torrestío

NOVEMBRO

7-8 de novembro

MAGOSTO SOCIAL 09: Sendeirismo, orientación e festa do magosto en Manzaneda

21 de novembro

ESPELEOLOXÍA. O Barco de Valdeorras

21 e 22 de novembro

MONTAÑA – Trevinca dende Vilanova

23-27 de novembro

XI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

27 de novembro

CENA SOCIAL ANUAL 2009

DECEMBRO

5-8 de decembro

SENDEIRISMO – Sierra de Albarracín (Teruel)

6,7 e 8 de decembro

MONTAÑA - Montaña Palentina

15 de decembro

ROCÓDROMO: Xincana 09


2 comentarios:

Xan dijo...

NOTA PRENSA



2º TROFEO ORIENTACIÓN PEDESTRE CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

CAMIÑO XACOBEO DO INVERNO



O soleado sábado 3 de outubro de 2009 celebrouse con Saída e Meta na praza principal da vila do Castro de Valdeorras esta carreira de orientación valedeira para a XVIIIª Liga Galega.

O número de clubes participantes foi 22, dos cais 18 eran federados. A maioría dos clubes eran da provincia da Coruña. Por Ourense participou a A.D. Franciscanas-Ourense, e como representantes locais do Barco de Valdeorras os clubes ADAS-Proinor Barco e o Peña Trevinca-Barco. Contouse tamén coa participación, como o ano pasado, do Clube Alcón León.

O número total de participantes foi de 170 orientadores, dos cais 100 eran federados e o resto non federados.



O gañador da categoría élite masculina foi Gonzalo Fernández da Universidade de Vigo cun tempo de 1h:22min sobre unha distancia de 6.6 km, con 450m de desnivel positivo e 27 controis a localizar.



A gañadora da categoría élite feminina foi Vanessa Ceide do Fluvial de Lugo cun tempo de 1h:48min sobre unha distancia de 5.3 km, con 415m de desnivel positivo e 22 controis a localizar.



Na categoría de Iniciación Curta o dominio dos atletas do ADAS foi apabullante, acaparando os postos de podio, quedando en primeira posición Kevin Fernández.



Na categoría Open Uxía Garcia do C.D. Franciscanas-Ourense resultou gañadora.



Na categoría de Iniciación Longa, Pablo Aller do Peña Trevinca-Barco quedou en segunda posición.



Un saúdo:



O Director de Proba

Xan M. Trigo Recarey



Sección de Orientación

Clube Alpino Ourensán-Clube Alpino Manzaneda



O Barco de Valdeorras, 4 de Outubro de 2009

Antón Gavela dijo...

Xan,non vexo reseña dos participantes do noso club no trofeo de orientacion do Barco,

Pedro, casualmente reparei que cumprense 20 anos da aparicion do CAIRN,parece mentira que se mantivera tanto tempo,penso que debiase facer algunha reseña especial co galo diste cabodano .Como iniciador do CAIRN quero darlle as grazas a todos e todas que participaron en ter mantido istes longos anos o xa famoso cuaderniño,e de paso animarnos a seguir mantendo a sua presenza nas nosas casas