19.4.10

Coñece 2010


PROXECTO COÑECE 2010


Coñece 10

O Club Alpino Ourensán, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade.

O “Coñece” son un conxunto de actividades pensadas para amosar en aberto a aventura e o deporte no entorno natural e que dende o Club Alpino Ourensán, avalados por unha experiencia de case 40 anos no mundo da montaña, son planeadas dun xeito ameno e sinxelo.

O “Coñece” e un proxecto onde importa mais as ganas de participar ca condición física ou os coñecementos técnicos. Un conxunto de actividades básicas dedicadas a todos aqueles que teñan ganas de probar algo mais, para todos aqueles interesados en facer algo distinto.

Cuarta edición consecutiva, sexta dende o seu inicio, do Proxecto Coñece e de novo contamos

con un variado programa de actividades no que faremos sendeirismo, montaña, espeleoloxía, bicicleta de montaña e escalada. Aquí tedes un pequeno adianto desas actividades. Mais información no local social e próximamente en www.clubalpinoourensan.es

As Actividades

1 de maio

SENDEIRISMO I-GR56

Ourense-Os Peares

Percorrido sendeirista sinxelo partindo da cidade seguindo o novo tramo do sendeiro GR56 que comeza en Oira e remata en Os Peares. Volta en tren.

8 e 9 de maio

MONTAÑA Vivac en Trevinca

Actividade do Coñece 10 adicada a facer unha aproximación o mundo da montaña en xeral e para iso visitarmos as montañas mais altas da nosa comunidade, O macizo de Trevinca no límite con León e Zamora.

23 de maio

BTT-ORIENTACIÓN

Ourense-Monte Meda

Percorrido en bicicleta de montaña mesturado coa procura de balizas agachadas no percorrido mediante mapa e buxola.

29 de maio

SENDEIRISMO II-Ruta dos Castros

Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás pasando por Sobrado, Bentraces ou Loiro. Un percorrido de case 20 Km. Para facer nunhas 6 horas e con pouco desnivel acumulado.

12 de xuño

ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco

Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova "Alfarero" perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.

20 de xuño

ESCALADA Canón do Sil

Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.


NOTA: O calendario de actividades estará suxeito a modificacións en función da climatoloxía ou calquera outra incidencia. Os cambios serán comunicados con antelación suficente.

No hay comentarios: