Ourense-Os Peares (GR56)
Coñece 10
O Club Alpino Ourensán, en colaboración co Consello Municipal de Deportes de Ourense, pon de novo en marcha o “Proxecto Coñece” que se presenta como unha oportunidade para todos, socios e non socios, de probar e practicar algunha das modalidades deportivas que teñen cabida na programación anual da entidade.
1 de maio
SENDEIRISMO I - GR56
Tramo Ourense-Os Peares
Percorrido sendeirista sinxelo partindo da cidade seguindo o novo tramo do sendeiro GR56, e que aproveitamos para inaugurar, que comeza en Oira e remata en Os Peares. Un percorrido de case 20 quilómetros con escaso desnivel e que progresa o lado do rio Miño.Volta en tren dende Os Peares.
Os datos
Data: 1 de maio
Hora: As 09:30 dende a Aula da Natureza de Oira
Material: Mochila, comida e líquidos, gorro, gafas de sol, roupa axeitada...
Mais información no local social do club
Outras actividades Coñece 2010
8 e 9 de maio
MONTAÑA Vivac en Trevinca
Actividade do Coñece 10 adicada a facer unha aproximación o mundo da montaña en xeral e para iso visitarmos as montañas mais altas da nosa comunidade, O macizo de Trevinca no límite con León e Zamora.
23 de maio
BTT-ORIENTACIÓN
Ourense-Monte Meda
Percorrido en bicicleta de montaña mesturado coa procura de balizas agachadas no percorrido mediante mapa e buxola.
29 de maio
SENDEIRISMO II-Ruta dos Castros
Ruta sinxela nos arredores de Ourense visitando os concellos de San Ciprián das Viñas e Barbadás pasando por Sobrado, Bentraces ou Loiro. Un percorrido de case 20 Km. Para facer nunhas 6 horas e con pouco desnivel acumulado.
12 de xuño
ESPELEOLOXÍA Cova Alfarero. O Barco
Actividade do "Proxecto Coñece 10" na que nos iniciamos na exploración das cavidades soterradas. Visitamos a zona de O Barco de Valdeorras para explorar a cova "Alfarero" perto de o pobo de Covas. A cova do Alfarero é unha cova de distribución horizontal polo que non é preciso ter coñecementos previos desta modalidade deportiva e resulta apta para todas as edades.
20 de xuño
ESCALADA Canón do Sil
Actividade básica de escalada na escola de escalada “Canón do Sil” sita no lugar do que toma o nome e na que podemos atopar "vías" de escalada de variada dificultade que nos permitiràn iniciarnos nesta modalidade deportiva progresando en vertical en vías de graduación de dificultade de menor a maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario