ACTIVIDADE DE DESCUBRIMENTO DA ESPELEOLOXÍA.
DIAS;9 e 10 de Marzo no Courel.
Actividade
de descubrimento da espeleoloxía na que se visitarán cavidades de
desenrolo horizontal e dificultade mínima nas que atoparemos a beleza
segreda do Courel. Trátase de dous días de actividade independentes,
podéndose asistir a calquera dos dous (ou ós dous) Non é preciso estar
federado ou ser socio do clube ainda que se este é o voso caso deberedes
apuntarvos á
actividade como moi tarde o 25 de Febreiro para tramitar un seguro que
vos cubra o fin de seman.
Non
é preciso material específico, únicamente calzado de bo agarre e roupa
sufrida xa que é case imposible non mancharse ou mollarse, polo que é
obrigado levar roupa e calzado de reposto. Casco e iluminación quen
dispoña; o clube ten material deste tipo.
Para quen desexe
quedar no Courel os dous días hai varias opcións de pernocta: O refuxio
da federación de espeleoloxía en Liñares (de prazas limitadas, moi
básico pero acolledor) o da federación de montaña en A Seara, o camping
de Esperante ,e diversos puntos de hopedaxe rural nos alrededores.
¿Qué inclue?
-Seguro de accidentes.
- Material espeleológico: Cascos,Iluninacion basica,sacas, etc…
-Charla sobre outros cursos de espeleoloxía por o GES-CAM.
( Grupo de Exploraciones Suterranes Club Alpino Manzaneda )
O prezo non inclúe desprazamento, manutención e pernocta
¿Cánto costa?
O prezo destas xornadas de "Descubrimento da Espeleoloxía" é de 20 euros,
daque a maior parte é destinada a sufragar o pago do seguro
e do aluguer do material espeleolóxico.
.
A inscripción farase por correo electrónico a: gescamanzaneda@gmail.com
proporcionando o:
Nome completo,
DNI,
Enderezo
Código postal
Data de nacemento
Teléfono de contacto ( Movil ).
Tamén pódelo facer no local social do Clube Alpino Ourensan
O pago das xornadas farase con data límite o día 28 de febreiro ou no momento da inscrición no local social, nos horarios de apertura do mesmo
ORGANIZA:
" GES - CAM "
Grupo de Exploraciones Subterraneas del Club Alpino Manzaneda
Pra mais informacion :
gescamanzaneda@gmail.com
LEMBRA: Apúntate antes do dia 28 de Febreiro
Club AlpinoOurensan:
Luns,Mércoles e Venres de 20:30 a 22:00
Situacion:
Rúa
Bedoya 4, local 9. 32004 Ourense
Tel.: 988 232 628 -
No hay comentarios:
Publicar un comentario