Escapadita a Picos de Europa
Hola, son Ángel de Verín. Finalmente recibín o correo de invitación para poder participar no blog. Gracias.
Contarvos que na semana pasada pegounos a venada e fixemos unha escapada en plan lóstrego a Picos. Pillamos o libro de rutas e decidimos acercarnos a ese paredón que disque non suben os rebecos. Nada máis chegar a Puente Poncebos botamos a supermochila ó lombo e puxemos a traballar esas perniñas (en plan entreno para a Travesía de Pirineos, que hai moitas ganas!)
Subimos ata Bulnes e logo pola Canal de Amuesa para dirixirnos ó refuxio do Jou de los Cabrones. Aquí durmimos como dous pepes despois de admirar un bo rato a fermosa estampa da lúa nunha noite ben cálida. Ó día seguinte dirixímonos ó refuxio do Urriello e de camiño intentamos asaltar o Neverón do mesmo nome. O impresionante patio, as condicións da neve e a falta dunha corda nos nosos pesados macutos botounos para atrás. Respectamos a decisión da montaña e seguimos para pinchar algo ó pe do Urriello e baixar pola Terenosa de novo a Bulnes. Tomámoslle a sidrina, fonte de sales minerais a esgalla e como non estabamos suficientemente cansados cenamos en Cangas (como si nunca viramos un plato de comida) e fomos a durmir preto de Ubiña para ó día seguinte facer uns largos nas Peñas del Prado. A excursión deixou na miña cámara de batalla algúns pixeles ben afortunados, ahi van algunhas desas capturas.
5 comentarios:
Campeóns! ¿E esas fotos? Non se ven
Non sei si a saida sería en plan lostrego pero o que si está claro é que había unha neboa de carallo.
Retiro o dito, ahora que levantou a neboa as fotos son guapas.
amigo csi ayudame tu a poder meter fotos que no doy saludos
Parece ser que Blogger non deixa enlazar fotos de outros sitios. Soamente podes subir catro ou cinco fotos do teu disco cando editas. A verdade e que eu tamén tiven problemas e aínda non sei ben por qué. Proba a poñerlle tamaño mediano ou pequeno
Publicar un comentario