30.9.06

INCIACIÓN A ESPELEOLOXÍA - Cova "A Ceza"


Cova "A Ceza" - O Courel

Saida de iniciación a espeleoloxía na cova "A Ceza" en O Courel o vindeiro día 8 de outubro, ideal para os primeiros pasos na exploración das cavidades soterradas o ser unha cova de desenrrolo horizontal de 700 metros, con grandes salas comunicadas por pasos non excesivamante extreitos.
A cova "A Ceza" está percorrida por un regato que nace nun lago sito o final da cova, sendo o maior percorrido practicable de rio soterrado coñecido en Galicia.
TOMA NOTA:
Actividade: Exploración da cova A Ceza sita en Noceda a 7 Km. de Seoane do Courel
Data: 8/10/06
Dificultade: Baixa, percorrido horizontal dunhos 700 metros con salas comunicadas por pasos de doado franqueo.
Material: Botas de auga e mono (mono de obreiro ou roupa a que non teñades excesivo aprecio)
Mais información no local social luns, mércores e venres de 20:30 a 22.00 horas

29.9.06



JOER VOU CAMBIAR A PORTADA QUE XA ME ABURRE

18.9.06

Actividade de BTT no Castro de Trelle


Castro de Trelle

O vindeiro domingo día 24 actividade de bicicleta de montaña saindo dende Ourense (Local Social Club Alpino) rumbo o Castro de Trelle, facendo unha ruta circular, pasando por Barbadas, Sobrado, Pereiro e Loiro. Volta a Ourense o mediodía. Apuntarse no local social ou por teléfono.

DÍA: 24/09/06
HORA: 9:00
PERCORRIDO: 40 Km. de dificultade media.
TEMPO:Unhas 4 horas.