27.6.12

Fuentes Carrionas

Fuentes Carrionas

Montaña - Senderismo

14-15 de julio de 2012


Espigüete y Curavacas son las ascensiones que os proponemos para este mes, antes de la escapada a Pirineos.

Ya está abierto el plazo de inscripción, las reservas y el plan de alojamiento se irá decidiendo en función de los intereses de los participantes.

Más información, como siempre, en el club.



25.6.12

XII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

XII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

 

Convocatoria ano 2012 do concurso fotográfico anual do Club Alpino Ourensán por e para os socios no que podedes presentar os vosos traballos ou formar parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos presentadas. Si queres formar parte do Xurado comunícao con antelación suficiente no local social do club.
O prazo límite de admisión de obras será o 26 de setembro de 2012, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo.

BASES
1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.
2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes...
3. Presentación e envío. Admitirase soamente formato dixital (mínimo 1 megabyte de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas. Os arquivos nomearanse co título da foto e virán dentro dunha carpeta que será nomeada con un lema elixido polo autor. Noutra carpeta co mesmo lema incluirase o nome do autor nun documento de texto. En caso de facer o envío por correo electrónico enviarase outro correo “plica” onde figure como “asunto” o lema, e no texto os datos do autor.
4. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:
- Un 1º Premio de 250 euros
- Un “Premio Popular” de 150 euros.
5. Xurado e resolución. O xurado, que elixirá o primeiro premio, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios. O resultado comunicaráselle aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro. As decisións do xurado serán inapelables.
 “Premio Popular”. Elixido polos socios do club en votación de entre as obras presentadas. As obras expostas estarán numeradas e habilitarase unha urna no local social para efectuar a votación coas papeletas creadas o efecto. O resultado da votación farase público na Cena Anual 2012.
6. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas, do 1 ao 15 de novembro de 2012. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.
7. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 15 de decembro de 2012. Se as obras non son reclamadas antes do 25 de febreiro de 2013 enténdese que o autor renuncia a elas.
8. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.

21.6.12

Disolución de Mutua General deportiva


 La noticia afecta a los federados con la Mutua General Deportiva. Las condiciones del seguro no varian y se mantienen a la espera de ser transferidos a otra compañía o se encuentre otra solución. Cuando tengamos más noticias lo comunicaremos.

8.6.12

Picos de Europa :: URRIELLU


23-24 de Xuño :: PICOS DE EUROPA :: Urriellu


Plan:
O Urriellu é sen dúbida a cumbre máis emplemática da cordillera Cantábrica. Unha ascensión mítica para calquera amante da montaña.

Cos seus 2.500 m o Naranjo de Bulnes conta con unha longuísima lista de míticas ascensións e case todos os grandes escaladores do mundo estiveron colgados da súa cara oeste.

Despois das prácticas no Peña Pincuejo e en Peñas del Prado o pasado més, a idea é, como sabedes, afrontar a ascensión ao Picu no fin de semana do 23 e 24 de xuño.

Venres:
- Saida de Ourense e chegada a Collado Pandévano.
(chegada en vehículo desde Poncebos e antes de Sotres a dereita ascende unha pista até o aparcadoiro de Pandévano. Dende aquí 2h30min a pé até o refuxio do Urriellu) http://maps.google.es/?ll=43.236074,-4.758539&spn=0.033517,0.084543&t=p&z=14
O ideal sería subir até o refuxio do Urriellu e durmir ao pe en tenda de campaña ou vivac.
Para os que o prefirades, a opción é durmir en Collado Pandévano e subir ao refuxio pola mañá do sábado.
Sábado: 
- Pola mañá, saida de cada cordada dende o Refuxio do Urriellu. Horario por definir ainda, en función de cando poidades chegar cada un de vos.
Domingo:
-Algun pico rapido para volver para Ourense pola tarde.

Esta é unha gran oportunidade para poder ascender o Naranjo, para o que pedimos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles:
- Boa condición física.
- Escalar habitualmente e ser capaz de facer un V+  en deportiva.
- Ter participado na xornada de escalada do fin de semana do 12-13 de Maio ou ter coñecementos demostrables do falado na xornada formativa.
- Teñen preferencia os que non teñen subido xa o Urriellu ou non practican escalada de autoprotección

Material necesario:
Casco, gatos, arnes, descendedor, mosquetóns de seguro, cabo de anclaxe e cordinos de machard. Tamén saco de durmir para o refuxio.

Organizan:
Lucas Rodriguez e Víctor Barro.
Coa axuda inestimable de Richard, Manu, Joaquin, Ernesto e Pedro entre outros.
Para calquera dúbida, mail de contacto: vbarro@gmail.com

IMPORTANTE: 
1.- Fixaremos os horarios de saida desde o Refuxio do Urriellu.
2.- Contamos coa xente que xa estábades inscritos. Se non vides, por favor facédonolo saber. 
3.- Fixaremos o prezo da actividade tendo en conta que precisamos un monitor por cada cordada, o cal vai a encarecer un pouco a actividade seguindo os criterios que ten habitualmente o clube. Agardamos que o entendades, vos manteremos informadas-os.
4.- Vos enviaremos un mail ao longo da semana para organizar o tema das comidas, durmidas, coches e cordadas.