25.2.07

Integral de Ancares. ¡¡ Non ao Parque Eólico en Pena Trevinca !!

O doble título ben a conto de que sinto moito roubarlle a portada ao interesantísimo artículo de Xan sobor da instalación dun parque eólico en Trevinca. Anímovos a todos a ler a entrada anterior.

Pasando ao noso, lembrarvos que o 3,4 de Marzo imos facer a Integral de Ancares ( unha variante ). É unha travesia invernal de dous días que comezaremos subindo o Penarrubia dende Noceda e remataremos no Mostallar con descenso por Piornedo. Durmiremos nun refuxio de pastores. A integral de Ancares con neve esixe un mínimo de experiencia en montaña invernal pero é un mínimo moi cativo abonda con saber utilizar un piolo ( autodetención ) e camiñar con crampóns.

Animadevos. Un saudo.

23.2.07

NON AO PARQUE EÓLICO EN PENA TREVINCA

En breve pode comezar a instalación dun novo parque de aeroxeneradores na Serra do Eixo ubicado no principal cordal de acceso a Pena Trevinca desde o Oeste. Esta posibilidade pende desde xa hai uns anos como unha espada de Damocles máis sobre o macizo de Trevinca, a xeito de herdanza maldita do anterior goberno da Xunta.
Nas últimas semanas a Conselleria de Medio Ambiente por unha banda e a de Industria por outra, botan balóns fóra sobre o tema, tratando aparentemente de desviar a atención sobre o inminente acometemento das infraestructuras definitivas deste parque eólico, cos ánimos dunha coñecida alcaldesa da zona. Segundo eles o proxecto esta aprobado porque cumpre os requisitos “legais” e listo.
Para quen non coñeza moito a zona, dicer que a Serra do Eixo é un dos principais contrafortes das Trevincas, discurrindo de oeste a leste en plenas Terras de Valdeorras, ao norte do Concello de A Veiga. Na actualidade é un dos principais accesos a pé até o corazón do macizo pasando polo cume do Maluro e subindo desde o povo de Vilanova, puidendo necesitarse de crampóns na zona coñecida como Lombo do Rociín, sendo unha boa alternativa á subida Directa que se acomete desde A Ponte ou á máis curta que sae de Fonte da Cova. Moi perto esta o milenario -tamén ameazado polas minas de lousa- Teixadal de Casaio con especímenes cepados desde hai 4000 anos.
A construcción do parque eólico en cuestión suporia a invasión dunha parte importante -a máis ao O- do cordal da Serra do Eixo con vistas ao canón do Xares e ao encoro de Prada polo sul. A excusa “legal” é que supostamente estaría fóra da Rede Natura. A min a permivisidade ou connivencia dos poderes públicos con esta situación, pareceme unha auténtica mostra de cinismo, dandoselle cobertura a uns claros intereses economicistas.
O que queremos os colectivos de montaña, é que toda a Alta Montaña Galega -e nomeadamente as serras orientais- quede libre de aerogeneradores, dado o seu impacto ambiental, pero tamén social, incidindo especialmente dun xeito negativo no sector do lecer e o turismo. Que senso ten entón a recente inauguración parcial dun sendeiro -realizado con axudas europeas- de máis de cen kilómetros que costou un millón de euros e que cruza todo o macizo, para ver virandelos e máis virandelos?
Este contorno natural e social denominado hoxe Terras de Valdeorras, xa ten pagado con creces o “peaxe energético” a través da construcción dos innumerabeis encoros existentes na zona, ao longo dos rios Sil, Xares,…Algún deles como o devandito encoro de Prada (A Veiga) feito nos 60, supuso o desaloxo forzoso dos habitantes do pobo de Albergueria. Curiosa información sobre sobre este caso en:
http://centros.edu.xunta.es/iesaslagoas/slorenf/Umia/franco0.htm

Os poderes públicos teñen que ser valentes na protección do noso medio natural e social, defendendo o que sen dúbida é o máis importante macizo galaico, o Macizo de Trevinca-Sanabria, o derradeiro e máis complexo sistema montañoso da nosa eurorrexión. Unha montaña irrepetíbel, un espazo salvaxe, un lugar para a aventura, unha alfaia xeolóxica, faunística e botánica.
Neste sentido, quero pedir todo o apoio necesario para o Club Peña Trevinca-O Barco e os outros sete clubes galegos de montaña, que pulan nesta campaña para a protección destes lugares emblemáticos, ante ameazas como estas e outras tamén recentes como a especulativo proxecto de estación de esquí na Veiga. Como Club Alpino Ourensán-Club Alpino Manzaneda coido que temos que posicionarnos firmemente na defensa destes ecosistemas, como xa se ten feito no seu dia no caso de Pena Corneira e apostar pola creación dun Plano Íntegral de Desenvolvimento Sostíbel da Montaña Galaica, consesuado con todos os sectores implicados.
Por iso, hai que esixirlle á Xunta de Galiza que anule este proxecto e adopte as medidas definitivas que conduzan a todo o macizo de Peña Trevinca a ser recoñecido coa figura legal de Parque Nacional para todo o complexo montañoso que abrangue as provincias de Ourense, Zamora e León. Dunha vez por todas a administración autonómica e estatal teñen que ser conscientes da importancia de protexer a Alta Montaña Galega a modo de desfrute dos presentes e como herdanza para as vindeiras xerazóns.
Temos que prantexar iniciativas de acción para que isto sexa unha realidade, a ti que se che ocorre?

15.2.07

¿QUERES BTT?


AXUDA A PROGRAMAR A NOVA SECCIÒN DE BTT


O vindeiro venres 23 os responsables da BTT no club (Nando e Carlos "Pegui") fan unha xuntanza no local social as 20:30 horas para escoitar as suxerencias de todos e tentar así de programar as actividades desta nova sección dun xeito consensuado cos interesados na bicicleta de montaña. A túa opinión sempre é interesante. Vémonos o venres.


BTT

Venres 23-02-07

As 20:30 no local social

12.2.07

ORIENTACIÓN - BANDE


ORIENTACIÓN - BANDE 25-02-07


Actividade de oreintación apta para todos (ideal para introducirse no mundo dos raids de orientación) cun percorrido mínimo de 10 km. por terras de Bande, en concreto pola zona do Alto do Viero. Haberá que atopar 10 balizas usando un mapa 1:25.000 e buxola (podese fecer andando ou en bicicleta) sen importar o tempo que empreguemos xa que o importante é atopar as balizas seguindo a folla de ruta e orientandonos co mapa e a buxola.


ORIENTACIÓN


LUGAR: Alto do Viero

DATA: 25-02-07

HORA:09:30 no local social
MATERIAL: O de sempre para camiñar, mapa, buxola e bolígrafo (faciltados polo club)

11.2.07

ruta cicloturismo semana santa

Aprovechando que en semana santa se realizará la ruta de SENDERISMO por la sierra de la Demanda en Burgos, los días previos a senderismo-1,2,3,4 de abril- haré parte de la ruta del Cid en bici, desde Burgos hasta ... . podeis visitar la página WWWamigosdelciclismo.com/rutas/portierras delcid . ¿a alguien le interesa?

9.2.07

“El Morredero” : Iniciación na Alta Montaña





“El Morredero”
Iniciación á Alta Montaña
28 xaneiro 2007



A vocalía de montaña programou esta saída coa intención de iniciar á aqueles socios que así o quixeran na montaña invernal. Estivemos toda a semana esperando pola neve que este ano se nos escapa constantemente. Finalmente o día chegou, e alá fomos madrugadores a iniciarnos primeiramente neso de por as cadeas ós coches, empurrar por eles etc….Uns viñan a iniciarse, outros a pasar o día na montaña en compañía dos demáis (en total fomos 28).
A actividade na que participaron 20 neófitos consistiu na ascensión á “Silla de la Yegua” (2135 m.) provistos de raquetas e na práctica posterior do uso do piolet etc...Non levamos os crampóns porque a escasa neve non nos permitiría usalos. Quedan logo pois para o seguinte curso.
Os monitores (Antón e Quico) comenzaron cunha charla sobre o material técnico, o seu uso etc...O grupo chegou raqueteando á cima entre ventos de 60 e 70 km por hora (¡¡¡menudo comezo!!!) e nun ventisqueiro, con placa de vento incluída comenzaron as prácticas de manexo e usos do piolet clásico e demostración dos seguros habituais nesas condicións (ancla, estaca de neve) e tamén de seguros de fortuna. Antón foi o primeiro e tirarse para ensinar a autodetención e alá foron todos detrás. Tamén se fixo ramaseo, e se lles ensinou cómo “patear” por neveiros, pendentes etc…
Un día completo cómo podedes comprobar.
Pero esto non remata eiqui.

ESTAREMOS EN CONTACTO



8.2.07

Saida de esquí a San Isidro - León


O vindeiro sábado día 17-02-07 temos unha saida de esquí a estación de San Isidro - León, é unha pequena paliza pero de seguro que merece a pena. Os interesados en coñecer maís detalles podedes chamar o club ou mandade un emilio a calpinoo@terra.es co voso nº de teléfeno para que o encargado da actividade (Jesús Lobo) poda contactar. Un saudo.


.Esquí Alpino

.San Isidro - León

.Sábado 17-02-07