26.11.12

XIV Semana Audiovisual Club Alpino ourensán



XIV SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN
CO PATROCINIO ESPECIAL DA
 “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”
Datas: 28,29 e 30 de NOVEMBRO.
LUGAR: Auditorio Municipal de Ourense.


PROGRAMA:

Mercores 28 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.


Islandia: "Entre lusco e fusco" 
por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros  

Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas  e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e  remata en Skógar.


A palabra «Islandia» deriva do islandés Ísland, vocábulo que provén do nórdico antigo, que significa «terra de xeo»
 A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana, xa que foi creada pola intensa actividade do vulcanismo na zona  ao longo da dorsal mesoatlántica. Todo isto tradúcese nunha alta actividade xeolóxica, que dá lugar a máis de 200 volcáns. A media é que cada cinco anos adoita sufrir unha erupción volcánica.
Os lagos e glaciares cobren o 14,3% do país e só o 23% está cuberto por vexetación.  O interior da illa, as terras altas de Islandia, son unha combinación fría e inhabitable de area e montañas.



Xoves 29 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.
“La bicicleta: otra forma de viajar” por Roberto Mateos García

Una sinopsis de imágenes de naturaleza, personas y lugares conocidos a través del medio de transporte más ingenioso del ser humano.
   Disfrutaremos de paisajes desérticos en Australia y Marruecos, grandes reservas de agua dulce en Chile e Islandia, parques nacionales en Tanzania y Argentina. Conoceremos grupos étnicos de Myanmar y Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como el Capitolio Nacional de La Habana, el campo de concentración de Mauthausen en Austria y ciudades Patrimonio de La Humanidad como Luang Prabang, Laos.

Venres 30 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense.


“Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia”

O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas... pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesitase algo máis, necesitase paixón.

19.11.12

Sendeirismo+magosto O Caurel

Sendeirismo O Caurel+magosto  Os Peares
Sendeirismo/Actividad Infantil
Actividad sendeirista por terras do Caurel na que tamén participaran os máis pequenos con un percorrido alternativo segundo as enerxias que amosen.

Magosto:Celebraremos o magosto 2012 en Os Peares, de regreso do Caurel, coas tradicionales castañas e viandas que concretaremos sobre a marcha.  

Ruta do Río Soldón: Lonxitude 14 Km. 
Dificultade: Baixa/media
Comeza na aldea de Soldón de Sequeiros ao Carón do Sil e remata na ferrería de Rugando-Vilarmel. Esta ruta discorre polo antigo camiño que comunicaba os pobos situados na conca do río Soldon.  Antigamente foi moi utilizada para transportar o mineral de ferro que se extraía do monte Formiguerios ás ferrerías de Ou Mazo de Soldón, Outerio e Rugando.Ao longo do percorrido veremos varias albarizas e varios sequeiros, veremos de fronte o Teso dos Mouros e visitaremos a Pena Furada de orixe romana, cruzaremos o río Soldón polas súas pontes de madeira.

Máis información no local social

18.11.12

Eleccións a Presidente de Club Alpino Ourensán


Eleccións a Presidente de Club Alpino Ourensán

Na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 16 de novembro quedou constituida a Xunta Electoral que rexirá o preoceso electoral e aprobouse o calendario electoral que detallamos a continuación:

CALENDARIO ELECTORAL 

Do 19 de novembro ata ó 26 de novembro 2012
Presentación e publicación de candidaturas
Publicación do censo electoral no local social do club.
Do 27 ata ó 30 de novembro 2012
Presentación de alegacións as candidaturas e censo electoral
3 de decembro 2012
Resolución alegacións
5 de decembro 2012
Publicación definitiva de candidaturas e censo electoral
14 de decembro 2012
Eleccions a Presidente Club Alpino Ourensán.
Acta Xunta Electoral.
Do 17 ata ó 19 de decembro
Presentación alegacións
21 de decembro 2012
Proclamación Presidente Club Alpino Ourensán si procede.


Poderá presentar candidatura a presidente calquera persoa física de entre os membros da asemblea xeral de pleno dereito en pleno uso dos seus dereitos civís, que non incorrese en ningunha sanción deportiva que o inhabilite e que non estea inhabilitado para o desempeño dun cargo público por sentencia xudicial firme, debendo presentar programa e avalar a presentación da súa candidatura mediante a sinatura de, polo menos, o 5 % dos membros da asamblea xeral  (15 socios)

Consulta o regulamento electoral AQUÍ (No menú da esquerda clica en "Estatutos" e logo en "Regulamento Electoral")

10.11.12

Cena Anual 2012

NOVEMBROALPINO2012


Cena Anual 2012
Club Alpino Ourensán

O venres día 30 de novembro de as 22:00 horas celebraremos a cena anual social do club correspondente o ano 2012. Como podedes ver este ano faremos a cea na “Adega do Tito”, que algún recordará dalgunha edición pasada e que nos ofrece un interesante menú que podedes consultar nesta mesma páxina. Polo demais seguimos na mesma liña marcada nas pasadas edicións: Faremos  a entrega de premios os gañadores do concurso de fotografía 2012, sorteo de material entre os asistentes aportados por Zágora Aventura, Cervexaría O Moucho e a cesta de navidade aportada polo propio club.

Si estás pensando en asistir a Cena Anual 2012 lembra que debes apuntarte no local social do club e tes de prazo ata o día 28 do presente mes, facer efectivo o importe da cena, 25 €, e recoller a entrada numerada para o sorteo. Lembra tamén que no momento de apuntarte debes escoller o segundo prato de entre os sete ofertados.

MENÚ
Entrantes
Calamares a la Romana
Empanada
Gambas a la Plancha
Bodega con Queso
2º plato (A elegir)
Salmón a la Plancha
Dorada al Horno
Bacalao a la Portuguesa
Chuleta de Ternera
Entrecot de Ternera
Escalopines con Salsa de Champiñones
Lasaña
Postre
Tarata Helada
Blanco Ribeiro, Tinto Mencía
Café y Chupitos
Precio por persona 25 €



COLABORAN


7.11.12

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria/Extraordinaria


CONVOCATORIA
 Asemblea Xeral Ordinaria 2012  

Venres 16 novembro  2012
19:30 horas en 1ª convocatoria 
20:00 horas en 2ª convocatoria


Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2012 para o vindeiro venres 16 de novembro de 2012 as 19:30 horas en primeira convocatoria e as 20:00 horas en segunda convocatoria.
A Asemblea Xeral é o órgano supremo do goberno da Asociación e estará integrada por tódolos seus socios e terán dereito a voto na Asemblea Xeral, aqueles socios maiores de idade presentes ou representados, que teñan máis de dous anos de antigüidade no Club e estean ao corrente no pagamento das cotas.

ORDE DO DÍA
- Memoria, liquidadación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.
- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos, polo cinco  por cento dos mesmos (15 socios).
- Rogos e Preguntas



CONVOCATORIA
 Asemblea Xeral Extraordinaria  
Convocatoria eleccións Presidente Club Alpino Ourensán

Venres 16 novembro 2012
20:30 horas en 1ª convocatoria
21:00 horas en 2ª convocatoria

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Covocatoria Eleccións a Presidente
Aprobación calendario electoral
Constitución Xunta Electoral
CALENDARIO ELECTORAL (PROPOSTA)
Do 19 de novembro ata ó 26 de novembro 2012
Presentación e publicación de candidaturas
Publicación do censo electoral no local social do club.
Do 27 ata ó 30 de novembro 2012
Presentación de alegacións as candidaturas e censo electoral
3 de decembro 2012
Resolución alegacións
5 de decembro 2012
Publicación definitiva de candidaturas e censo electoral
14 de decembro 2012
Eleccions a Presidente Club Alpino Ourensán.
Acta Xunta Electoral.
Do 17 ata ó 19 de decembro
Presentación alegacións
21 de decembro 2012
Proclamación Presidente Club Alpino Ourensán si procede.

5.11.12

Exposición Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán




EXPOSICIÓNS COLECTIVAS

OUTONO ABERTO   OURENSE. Liceo de Ourense, do 2 ao 15 de novembro.

Mostra colectiva dos taballos presentados a concurso na edición número 12 do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán. A temática do concurso está  relacionada coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes... 
Autores: Pedro Díaz, Ricardo Veiga, Felix Angel Parada, Pedro Seoane, Myrian Martínez, Jose Novo, Angel Barrio, Marga Blanco, Joaquín Dobarrio, Manuel Veiga, Baldomero Conde, Elías Rodríguez, Victor Barro, Gonzalo Dominguez, Ernesto Fernández, Miguel A Díaz, Alberto Ferreiro, Jesús Fariñas, Simón Kienast, Mª Mar Pallás.


NOVEMBROALPINO


NOVEMBROALPINO


Chega novembro, o mes mais social, en cuanto a actividades de club se refire, de Club Alpino Ourensán.

Un adianto do que veremos estes días.

EXPOSICIÓN XII CONCURSO  FOTOGRAFÍA  CLUB ALPINO OURENSÁN
Mostra colectiva dos taballos presentados a concurso na edición número 12 do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán.
Liceo de Ourense, do 2 ao 15 de novembro                      




OURENSE. Auditorio Municipal. Mércores 28 de novembro ás 20.30 h. Xoves 29 de novembro ás 20:30 h. Venres 30 de novembro as 20:30 h


CENA ANUAL 2012 CLUB ALPINO OURENSÁN
O venres día 30 de novembro de as 22:00 horas celebraremos a cena anual social do club correspondente o ano 2012.
Adega do Tito, Calle de Manuel Pereira, 9

En seguintes comunicados mais información.






1.11.12

Macizo de las Ubiñas


Montaña

Macizo de las Ubiñas
Atención a las fechas
Fecha: 15 y 16 de diciembre de 2012

Recorrido Sábado
Torrebarrio (1250m.) –El Prau (2360m.) – Fontán Norte (2417m.) – Fontán Sur (2408m.) – Canalón del Buey – Pasada del Siete – Senda de las Merinas – Alto de Terreros - Collado del Ronzón – Torrebarrio.  

Dificultad: El paso del Prau a los Fontanes tiene un pequeño tramo aéreo de unos 3 ó 4 m. y seguidamente una trepada. A lo largo del recorrido nos encontraremos con alguna trepada y algún destrepe. Máximo IIIº.

Hora de salida: 7:30 de la mañana (tenemos que ser puntuales ya que la actividad es bastante larga).

Recorrido Domigo
Pico Puerta de Arco (2217m.)

Dificultad: Varios trepes y destrepes. Máximo IIIº.

Hora de salida: 8:00

Dificultad: Máximo IIIº.

Podrá haber variaciones del recorrido dependiendo del tiempo que tengamos y de las condiciones metereorológicas.