24.11.07

IX Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

PROGRAMA

26,28,29 e 30 DE NOVEMBRO 2007

Lugar:

CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA.

Xoán XXIII, 31 Soto

Hora: 20:00


Luns 26 de Novembro.

“PATAGONIA: BELEZA E SOIDADE”

por Antonio García.

Escairón (Lugo) 1970

Percorrido polo Parque Nacional Torres del Paine (Chile) e Parque Nacional los Glaciares-Cordillera del Fitz Roy (Arxentina) dominados por dous macizos montañosos que se erguen como catedrais graníticas de proporcións colosais entre os glaciares que manan do xeo patagónico sur.

Lugar de beleza incomparable e natureza abraiante en estado primixenio, apenas tocado pola man do home, e que segue a ser a última fronteira para emprendedores e aventureiros


Mércores 28 de Novembro.

“ESCALADA DE CRISTAL”

por Juan Goyanes.

A Coruña 1970

Da escalada de fervenzas de xeo ao mixto deportivo moderno. Un percorrido polas vías de Dry-Tooling máis difíciles de Europa e o Campionato do Mundo de Escalada en xeo.

A primeira parte da proxección, con fotos e video, introdúcenos no mundo do inverno e a fervenza de xeo, a evolución das éticas e os materiais o o nacemento do mixto deportivo moderno (Dry-Tooling).

Na segunda pare, viaxamos aos invernos dos anos 2003, 2004 e 2006 e, partindo do Pireneo aragonés, viaxaremos polos Alpes na busca dos itinerarios de Dry-Tooling máis cobizados do continente.


Xoves 29 de Novembro.

"MAS ALLA DE MIS PROPIOS SUEÑOS”

Por Rosa Fernández

Cangas del Narcea 1960.

Rosa Femández primeira española en completar “Las Siete Cumbres”

Faremos un percorrido pola montaña máis alta de cada continente. Dende a selva do Pacifico, ao deserto do Tíbet, os xeos da Antártida, o inhóspito Denalí, o frío e amable Cáucaso, ata o punto máis alto da terra, o Everest.


Venres 30 de Novembro.

"ASCENSO AL K2. AL FILO DE LO IMPOSIBLE”

Por Juanito Oiarzábal.

Vitoria-Gasteiz 1956.

No verán de 2004, cumpríase o cincuentenario - o 31 de xullo de 1954 - dunha das ascensións míticas na historia do montañismo a primeira escalada ao K2, realizada por una expedición italiana, dirixida por Ardito Desio, e culminada polos seus compatriotas Lacedelli e Compagnoni. Con tal motivo, o programa Al filo de lo imposible, organizou una expedición para conmemorar este aniversario polo que desprazou ata o glaciar do Baltoro un equipo formado por Juanito Oiarzábal, Edurne Pasabán, Ferrán Latorre, Juan Vallejo e Mikel Zabalza.

Juanito preséntanos neste audiovisual a súa ascensión ao K2 ou Chogori denominación local que significa "a gran montaña". O K2 é a segunda montaña máis alta do mundo e está cualificada como a máis dificil dos catorce oitomiles. Atópase relativamente illada, polo que a súa envergadura resulta, se cabe, aínda mais impresionante. Con esta escalada a este vertixinoso pico, Juanito converteuse no único alpinista en conseguir a fazaña de subilo en dúas ocasións, a súa primeira ascensión realizouna en 1994. Despois de soportar condicións extremas no ascenso, o descenso converteríase nunha carreira contra o reloxo. Juanito, con conxelacións nos pés e un edema pulmonar, foi quen de chegar ao campo base para, horas máis tarde, ser evacuado xunto con Edume Pasabán, que sufriría tamén graves conxelacións, pero coa satisfacción de conseguir, de novo, o cumio deste mítico e cobizado pico.


TRAXECTORIAS DEPORTIVAS

Antonio García. Escairón (Lugo) 1970

Da os seus primeiros pasos como montañeiro nas montañas da súa terra. Pronto, cando os estudios o deixan, comeza a interesarse por tódalas facetas da montaña, escalada deportiva, esquí de montaña, alpinismo, escalada en xeo... e isto lévao a coñecer as grandes cadeas montañosas da península para paso a paso de forma gradual, saltar primeiro ós Alpes e logo os Andes, onde ascende innumerables cumios.


Juan Goyanes. A Coruña 1970

Forma parte do profesorado de la EGAM (Escola Galega de Alta Montaña) y la EEAM (Escuela Española de Alta Montaña) dende o ano 1992 cá que ten participado en programas de cooperación internacional. Deportivamente destaca sobre pola súa polivalencia. En escalada deportiva ten realizado vías de octavo grado.

Compite en escalada dende o año 1989, acadando subcampeonato galego os anos 2001 e 2003. Finalista no Campionato de España de escalada en Bloque o ano 2001 e campión galego no 2006. Ten escalado grandes paredes como “El Capitan” o el “Half Dome”. Participou en expedicións extraeuropeas ó Himalaya Indio, Patagonia Arxentina, África…

Incansable aperturista ten aberto numerosas vías novas, tanto en alta montaña invernal como en paredes de roca. En escalada deportiva ten equipado cerca de 200 itinerarios.

Pero sen dubida o terreo no que realiza unha actividade mais destacada é na escalada en xeo e o Dry-Tooling (mixto deportivo moderno), modalidade na cal durante os invernos do 2003 e 2004 conseguía elevar o listón da máxima dificultade realizada dentro das nosas fronteiras. En 2004 convértese no segundo escalador nacional en alcanzar o grado máximo neste tipo de escalada, en Suiza, onde tamén participa no Campionato do Mundo de Escalada en xeo.


Rosa Fernández. Cangas del Narcea (Asturias) 1960

Culminou en febreiro de 2007 o Proxecto 7, cuxo reto consiste en alcanzar o cumio das montañas mais alta de cada continente, converténdose na primeira muller española en conseguilo. Contando de partida co Everest, no 2005, considerada como cumio mayor do continente asiático, as demais ascensións foron: no ano 2006 o Aconcagua 6.959 m. teito de América do sur, Mckinley 6.194 m. teito de América do Norte, Pirámide de Carstensz 5.030 m. en Papua Nueva Guinea. teito de Oceanía, Monte Elbrus 5.642 m. teito de Europa, Monte Vinson 4.897 m. situado na Antártida e no ano 2007 o Monte Kilimanjaro 5.895 m. teito de África.

Ten participado en diversas expedicións en distintas cordilleiras do mundo, destacando no ano 1997 o Gasherbrum II (8.035m.) (KARAKORUM- PAKISTAN) sendo a primeira muller asturiana en escalar un oitomil, no 2004 o Makalu (8.463 m.), primeira ascensión absoluta asturiana. É unha amante da bicicleta de montaña ca que ten percorrido en dúas ocasións a cordillera do Himalaya. Ten obtido o Premio Delfos absoluto 2005 á ética no deporte e o Premio “Ciudad de Oviedo 2007”ó mellor deportista absoluto ovetense así como a Medalla de Bronce dá REAL ORDEN DEL MERITO DEPORTIVO (Maio 2007). Ten publicado o libro “Mi EVEREST” en 2005 e proximamente teremos o seu segundo, onde poderemos vivir a aventura das sete cimas.


Juan Oiarzábal. Vitoria-Gasteiz 1956.

Resumindo, o mais destacable do seu historial, Juanito Oiarzabal é o sexto home que logra alcanzar as 14 cimas de mais de oito mil metros, pero é a súa vez o cuarto que o ten logrado sen o uso de oxíxeno artificial. Actualmente ten no seu haber 21 oitomiles, polo que ten o “record” mundial de ascensións a estas montañas.

Ten realizado ascensións en tódolos macizos da península, polas rutas mais difíciles. Ten incluso, algunhas rutas inéditas de gran relevancia.

Nos Alpes, que son a referencia do montañismo mais exixente, e de aí a denominación xenérica de alpinismo-, Juanito Oiarzabal conta cás ascensións mais recoñecidas, pola súa gran dificultade.

Ten escalado en outros continentes, América do Norte, América do Sur, África, e volvendo ó Himalaya e aí onde se desenvolve con maior soltura. Pode parecer obvio, despois de mais de 30 expedicións ó longo de 22 anos.


20.11.07

Rocódromo Temporada 07-08


Inicio Temporada Rocódromo 07-08

Top 30 acaba de rematar a revisión das instalacións do Rocódromo. A revisión realizada a instancias do club e gracias a xestión da Delegación de Deportes e Xerencia do Pabellón tivo lugar o martes 20.11.07 e procedeuse a reequipar as reunións e chapas así coma un estudio de toda a estructura. Garantida a seguridade do seu uso por parte do equipo de Top 30 desprazados a Ourense, este mércores 21.11.07 inaguramos a temporada 07-08 a partir das 20:00 horas no Pabellón.

HORARIO ROCÓDROMO
Martes de 19:30 a 21:00 horas
Mércores de 20:00 a 22:00 horas

18.11.07

Fariñentu e Tapinón




Macizo de Peña Ubiña
24 e 25 de novembro de 2007

Na próxima fin de semana achegaremonos ó Macizo de Ubiña pero desta vez faremolo desde a vertente asturiana, menos accesible para nós e seguramente por iso menos visitada. Partiremos de Tuiza de Arriba para ascender o Fariñentu e logo disfrutar do máxico bosque de acibros nos Puertos de Agüería. O segundo día subiremos o Tapinón e voltaremos a Tuiza de Arriba

Os datos

Data: 24,25 de novembro
Saída: Sabado 24 ás 08:00 dende o local social
Dificultade: Fácil (sen neve)
Material: Funda de vivac e saco potente aínda que pode que durmamos baixo teito si andamos lixeiros.
Según evolucione o tempo esta semana é posible que teñamos que levar piolet e crampóns.

8.11.07

Refuxio "Pena do Caldeiro"



Remataron as obras


Ca celebración da festa do magosto demos por feita a apertura do refuxio para uso dos socios. Rematadas as obras, a falta de colocar unha contra na ventá grande, todos podedes facer uso das instalacións tal e como se viña facendo antes de iniciar as reformas.

As obras consistiron en cambiar as madeiras vellas do teito e chan do salón e das habitacións, barnizado dos novos materiais e colocación dunha nova ventá o carón da lareira. Nas fotos que seguen podedes ver o resultado.





4.11.07

Exposición VII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán


Exposición VII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán


Exposición das obras premiadas e presentadas na sétima edición do concurso social do club. Do 1 ata ó 15 de novembro no Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5)
PREMIOS
1º PREMIO “Montando Reunión” de Agustín López Villaverde
2º PREMIO “A ventá” de Baldomero Conde Martín
3º PREMIO “Recunchos” de Ernesto Gómez del Valle
PREMIO ESPECIAL DO CLUB “Spanish Big Wall” de Ángel Barrio Alonso

PARTICIPANTES
Baldomero Conde Martín
Joaquín Dobarrio Romasanta
Ernesto Gómez del Valle
Agustín López Villaverde
Ana Isabel Macía Aira
Mar Pallás Valleros
Jorge Pallás Valleros
Rosalia Pena Vetoret
Elías Rodríguez Gómez
Manuel Veiga Rial
Ángel Barrio Alonso
Tino Taín (fora de concurso)
Gonzalo Domingez (fora de concurso)
Ignacio Rafael(fora de concurso)