18.5.08

Actividades Infantiles - Escalada na escola "Canón do Sil"

Escalada no Canón do Sil
8 de xunio

Por fin parece que o bo tempo fai acto de presencia e permitiranos facer a actividade de escalada cos pequenos. Aplazamos a de espeleo, tocaba este fin de semana, para o mes de xullo e quedamos o domingo día 8 a partir das 10:30 horas na escola de escalada "Canón do Sil" onde faremos diversas actividades relacionadas coa escalada e a montaña.

¡Importante!
Si tendes pensado participar na actividade lembrade que estamos federando os nenos e precisamos sabelo con certa antelación. A xunta Directiva acordou axudar co 50% no pago da tarxeta federativa polo que teredes que pagar 7 € por neno/tarxeta.

MAIS INFORMCIÓN NO LOCAL SOCIAL

17.5.08

Coñece a BTT. A Derrasa


COÑECE A BTT

Actividade do CÑ.08 adicada a bicicleta de montaña que faremos por A Derrasa percorrendo un circuito de escasa dificultade en cuanto a desnivel e distancias. 20 Km. a facer en 2 ou 3 horas é un xeito doado de iniciarse na BTT

Os datos
Data: 25 de maio
Hora: 10:00
Punto de encontro: Aparcamento na cabeceira do encoro de Cachamuiña

Coñece a escalada - Canón do Sil

COÑECE A ESCALADA
¡APLAZADA!
por mal tempo

Nova actividade do CÑ.08 nesta ocasión adicada a escalada. Visitaremosa escola de escalada " Canón do Sil" sita perto deOs Peares e que se caracteriza pola gran cantidade e variedade de de vías alí equipadas o que nos permitirá facer unha aproximación a escalada dun xeito ameno e divertido que é do que trata o Proxecto Coñece

Os datos

Data: 24 de maio
Hora: 09:30
Punto de encontro: Local social
O que se precisa: Roupa cómoda, calzado deportivo comoda e augua.

¡IMPORTANTE! Os non federados deben apuntarse con antelación suficiente para tramitar seguro (mércores 21.05.08)


5.5.08

O berce do Dobra



Os máis afortunados disfrutamos de catro días, outros so estiveron un par de xornadas pero coido que aproveitamos ben o tempo e o rumbo para percorrer as paisaxes pintadas do verde primaveira no berce do Dobra. Pasamos leves polo tapiz de Vegabaño, ¿E máxico, ou non?. Jayedos, canales, compeed, sidrina...risas, números negativos e positivos, burros avariados...



A explosión de cores que xa invade o val ainda nos deixou enredar coa neve nas cotas superiores e acadar a visión da raíña do cornión desde miradores privilexiados.


Tamén descubrimos algún balcón vertixinoso fora das rutas máis pateadas. Sorpresas reservadas para aqueles que sempre queren ver máis aló do seguinte porto.


¡Ata a próxima Sajambre!