30.11.09

Reunión informativa Marruecos 2010

Reunión informativa Marruecos 2010

Mércores día 2 ás 20:00 na sede social

Este mércores todos os que estan apuntados para ir a Marruecos na semana santa do vindeiro ano temos reunión na sede social para xestionar a compra de billetes de avión e algúns temas loxísticos.

PERCORRIDO de ORIENTACIÓN na SERRA DO GALIÑEIRO (Vincios-Vigo)


O sábado pasado, por momentos baixo unha intensa chuvia e con bastante friaxe, O Chicho máis eu fixemos este percorrido na vertente W da Serra do Galiñeiro ao pé das paredes nas que se practica escalada.
A proba discurriu na súa primeira sección ao N do mapa por unha zona de piñeirais cunha maleza rastreira que supoña unha certa dificultade técnica para localizar os controis. Despois veu a característica zona S cos seus bolos graníticos e moito máis técnica, tanto como bonita. En fin, unha proba disfrutona.
A pregunta é: Por onde iriades vos de control en control?

O Javier e Alberto -que sairon un pouco antes- fixeron o mesmo percorrido ca nós pero en sentido inverso. Cruzámonos con eles e, entre risas, atopamos xuntos o P.C.10.

Do clube finalmente fomos as 4 persoas devanditas, pero tamén participaron uns rapaces do Colexio Franciscanas de Ourense e xente do Barco, que coido eran do Clube Peña Trevinca.

27.11.09

HORAS DE SAÍDA PROBA ORIENTACIÓN GALIÑEIRO

Aí vai o enlace no que se publican as horas oficiais de saída:

http://webagaco.iespana.es/docs/2009/20091127_SalidasVigo.pdf

Xa espero eu na baliza de saída (triángulo do mapa) por todos os que saen detrás miña para ir xuntos.

Un saudiño!

Xan

24.11.09

Fuentes Carrionas


ATENCIÓN: ACTIVIDADE SUSPENDIDA

Fuentes Carrionas
5,6,7 e 8 de decembro



Ascensión ós picos Peña Prieta, Tres Provincias, Coriscao... entrando desde a zona do porto de San Glorio.
Aloxamento en Portilla de la Reina. Prazas limitadas (12). Apuntarse canto antes.


Os datos
Saída: Sábado 5 de decembro ás 10:00
Regreso: Martes día 8 de decembro
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña. (Según evolucione a meteo e posible que sexa necesario levar material de progresión invernal)

23.11.09

Cena Anual 2009


CENA ANUAL SOCIAL 2009
27.11.2009
O día 27 de novembro as 22:00 horas celebraremos a cena anual do club . Como podedes ver nesta páxina variamos de local, este ano probaremos no Restaurante “Museum” e con un menú un tanto diferente o das pasadas edicións da cena anual. Polo demais seguimos na mesma liña coa entrega de premios os gañadores do concurso de fotografía, premio o socio mais activo, sorteo de material entre os asistentes…
Si estás pensando en asistir a Cena Anual 09 lembra que debes apuntarte no local social do club antes do día 25, facer efectivo o importe da cena, 25 €, e recoller a entrada numerada para o sorteo. Lembra tamén que no momento de apuntarte debes escoller o segundo prato de entre os dous ofertados.

MENÚ

1º Plato

Pastel de Puerros

Cazuela de Langostinos y Pulpo

Revuelto de Setas y Gambas

2º plato (a elegir)

Parrillada de Pescados

Entrecot Celta Relleno con Queso de Arzúa y Jamón

Postre

Filloas del Chef y Sorbete de Limón

Vinos de la Casa

Blanco Ribeiro, Tinto Mencía

Agua Mineral, Café y Chupitos de Licor

Precio por persona 25 €

17.11.09

XI Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

XI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

Do 23 ó 27 de novembro temos todos unha cita coa nova edición da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van once, contando de novo coa colaboración do “Outono Fotográfico” e o importante patrocinio de “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

Lugar

CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA.

C/XOAN XXIII, 31 Soto

Programa

LUNS 23. 20:00 H. “Aconcagua, o teito de América” por Pedro Seoane e Nando Feijoo.

O Aconcagua, considerado o teito de america e incluido no desafio “7 Summits” recebe cada ano a visita de un gran número de montañeiros que intentan conquistar o seu cumio. Esta audiovisual relata a experiencia vivida por tres socios do Club Alpino Ourensán nos Andes arxentinos có obxectivo de acadar o primio da cima do Cerro Aconcagua.

XOVES 26. 20:00 H. “Atlas Express” por Ángel Barrio Alonso e Joaquín Dobarrio Romasanta.

Coa filosofia da lixeireza os autores realizan unha serie de ascensións a ritmo vértixinoso polas principais montañas do Atlas marroquí, destino clásico de montañeiros de todo o mundo atraidos polo exótico interese destas montañas de mais de 4.000 metros.

VENRES 27. 20:00 H. “6000 Metros: La Rebanada Ideal de Alpinismo Clasico” por Carlos Buhler.

Exploracion de Montañas de 6000m. Unos cuentos sobre mis aventuras emocionantes, primeras ascensiones, y vias extremas en montañas de entre 6000 y 7000 metros. Una seleccion, o la rebanada, del alpinismo que, para mi, me anima mucho por su combinación de altura, tamaño, y logística en Los Andes y la Himalaya. incluyendo, el Ama Dablam Cara NE, en invierno; Changabang Cara Norte, 16 dias en pared con los Rusos; Siula Grande Cara O (primeros en la cara despues de Simpson y Yates) pro via nueva, Avoiding the Touch); Pucahirca Cara O, via nueva; Ausangate Arista NE (7 dias en la segunda ascension de esa gran arista); Dorje Lhakpa Arista O, en solitario; Huascaran Norte, via Paragot; Aconcagua Cara Sur, haciendo la segunda femenina…

Nota: Atención o intercambio de audiovisual entre luns e xoves con respecto a información enviada no Cairn

16.11.09

MAPA ORIENTACIÓN GALIÑEIRO

Posted by PicasaPara a vosa información (adxunto ortofoto), desde Ourense chegase antés pola estrada de Zamáns. Cando ves da Autovia de Ourense, no enlace de Porriño coa que ven de Pontevedra, desviaste hacía Portugal e a 100m máis ou menos colles o desvio á dereita pola estrada que vai a Zamáns. Ao pasar este povo que esta a NW do Galiñeiro xa chegas á rotonda (con gasolineira?), alí colles a esquerda dirección Vincios pola estrada de Gondomar. A menos dun quilómetro esta este pobo e alí subindo por unha rúa-estrada esta xa o local social dos comuneros de montes. Xa desde a rotonda vai estar indicado pola clásicas sinais brancas e laranxas da orientación.

Se alguen ten un GPS estaría ben que o levarades para descargar o track no blog.

Falamos a tarde-noite.

Un saúdo!

Xan.

ESPELEOLOXÍA - COVAS


Achegarémonos a localidade de covas para realizar algunha das cavidades que hay pola zona, sempre e cuando se teña o correspondente permiso da xunta, e polo tanto, e necesario que vos apuntedes o máis tardar o mércores de esta semana, e se non e posible, a un pasiño temos cornatel.

14.11.09

BTT-MONTALEGRE 2010-CAMPIONATO DO MUNDO DE ORIENTACIÓN EN BTT (ABSOLUTO, JUNIOR,OPEN)




Ola, o vindeiro mes de Xullo celebrarase este evento con sé na localidade portuguesa de Montalegre. A 40 MINUTOS DE OURENSE.Todo un luxo aí ao noso carón. IRREPETIBLE!!

Haberá clases abertas e a competición durará do dia 9 ao 19 deste mes. Podese ir só a un proba un día se se quere. A idea sería facer un equipo con xente do clube para participar na categoria OPEN o máximo número de días posibeis.

A nivel de orientación son probas moi accesibeis porque discurren por camiños ciclabeis ao 100%. Hai distancias cortas, medias e longas.

ENLACE Á PÁXINA DO CAMPIONATO MÁIS ABAIXO:

http://mtbwoc2010.fpo.pt/

Un saúdo!

Xan

13.11.09

Orientación na Serra do Galiñeiro (Vigo) 28 Nvbro

Ola, ao día seguinte da cea anual do clube, para os máis marchosos, a nova sección de Trail-Orientación proponvos achegarse de mañá á localidade de Vincios para participar na derradeira proba anual da Liga Galega de Orientación Deportiva organizada polo Clube Universitario de Vigo en colaboración coa AGaCO.

O terreo amosa desniveis marcados, cunha ampla rede de camiños e moitos detalles técnicos en especial os típicos bolos graníticos da zona. O bosque é mixto sendo fundamentalmente formado por piñeiros e ten boa penetrabilidade.

A data límite para apuntarse será o luns 23. Polo momento, iremos seguramente as cinco persoas que estivemos na reunión do pasado luns no clube. A idea é ir collendo experiencia neste tipo de probas, partindo cada quen do seu nivel, polo que acordamos facer o percorrido 6 cun guia (o 7 é o máis díficil). Hai niveis para todos e todas.

Se queredes ir practicando a orientación -íso sí, de xeito virtual- podedes acceder ás demos gratuitas deste simuladores, que ainda que estan en inglés son moi intuitivas. Estan nas seguintes páxinas:

- http://www.melin.nu/oriantica/ (máis fácil)

- http://www.catchingfeatures.com/ (moi realista)

A vindeira semana pendurarei máis información desta proba, xunto co percorrido 6 no mapa do pasado ano.

Un saúdo, Xan

10.11.09

Trevinca desde Vilanova


PENA TREVINCA
21 e 22 de novembro


O sábado faremos unha pequena ruta para gañar a cea e o domingo madrugaremos para subir a Trevinca partindo desde Vilanova e seguindo o Val de Meladas. Pernocta no refuxio do Trisquel. Dependendo do número de persoas poderemos cear con Cholo ou desprazaremonos a algún restaurante da zona. Apuntarse canto antes para xestionar a cea do sábado.

Os datos
DATA: 21 e 22 de novembro
HORA: 09:00
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, chaqueta impermeable, comida de ataque.

9.11.09

Exposición Concurso Fotográfico 09

EXPOSICIÓN

IX CONCURSO FOTOGRÁFICO

Club Alpino Ourensán

Exposición Colectiva do “Outono Fotográfico”

Mostra dos traballos presentados e premiados o concurso de fotografía no Liceo Ourensán sito en R/ Lamas Carvajal nº 5 en Ourense do 16 ao 30 de novembro enmarcado dentro do Outono Fotográfico na sección de exposicións colectivas.

Fotografías de:

Javier Moldes Magdalena, Lidia Daquinta Santas, Elías Rodríguez Gómez, Jorge Pallás Vallerós, Venerando Feijoo Quintas, Manuel Veiga Rial, Pedro Seoane López, Florentino Taín Guzmán, Felix A. Parada Mouriño, Vicent Auzillón, Joaqín Dobarrio Romasanta, Baldomero Conde Morán, Jose Del Rio Caamaño, Alberto Vila Garrido, Ramón Vila Garrido, Ana Macía Aira.

3.11.09

Cortavientos Salewa Club Alpino Ourensán

Modelo Home


Cortavientos SALEWA CITY SFS JKT
SOFTSHELL
PRENDA
Club Alpino Ourensán

En colaboración con “Zagora Aventura” temos preparada unha nova prenda técnica que levará impreso na manga esquerda ou no peito (depende da complexidade de facelo) o escudo e nome do club para presumir de club este inverno. Trátase nesta ocasión dun corta ventos da marca Salewa con tecido Softshell (resistente a o vento, repelente a auga, altamente transpirable e moi suave).
Esta oferta está limitada no tempo xa que temos ata o 15 do mes de novembro para confirmar o pedido co nº de prendas e tallas para garantir dispoñibilidade. Pásate por Zagora cuanto antes e elixe a túa talla, tamén existen tallas para os nenos. O pedido farase solo das prendas solicitadas polos socios e confirmadas previo pago dunha fianza de 20 € no club no momento de solicitala.
O prezo final da prenda serà de 60 € (39 € os nenos) unha vez colocado o logo do club.

Modelo neno

Modelo muller

OFERTA NON DISPOÑIBLE

Finalizou o prazo de solicitudes

¡A mediados de decembro teremos a vosa disposición as prendas solicitadas!

Corta ventos Salewa Softshell

Prezo final 60 € adultos / 39 € nenos

Zagora Aventura: C/Valle Inclán 18. Telf 988269708

NOTA: O logo do club que vedes nas fotos sobre a prenda é unha montaxe e on se corresponde co resultado final.