18.3.10

Marrocos. Alto Atlas.



Marrocos.

do 28 de marzo ó 2 de abril

Expedición do Club Alpino Ourensán á cordilleira do Atlas en Marrocos.
Unha viaxe na que nos adentraremos na terra dos bereberes, na que disfrutaremos das cores exóticas doutro continente, dunha terra próxima e unha cultura distante.Percorreremos os sendeiros que nos levan ata algunhas das montañas máis altas do norte de África. Montañas de máis de 4.000 metros de altura.
¡Que ninguén esqueza o pasaporte!

ATENCIÓN: Saída do autobús desde o Parque de San Lázaro o día 28 de marzo ás 00:00 horas.

17.3.10

ORIENTACIÓN EN FORGOSELOS (AS PONTES)

Esta fin de semana pasada a nova Sección de Trail-Orientación tivo unha actividade intensa. Por unha banda, varios dos membros desprazaronse ao Alto Sil para participar o domingo nunha carreira por montaña polas terras do oso pardo. Para máis información sobre esta proba podedes entrar na web oficial: http://www.carreraaltosil.com/

O día anterior outros membros da sección participaron na 3ª proba da Liga Galega de Orientación organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña e que tivo lugar na Serra de Forgoselos, a carón das Pontes de Garcia Rodríguez. Nesta entrada podedes ver un croquis de acceso ao mapa, así como parte do percorrido 7, en particular o sector máis técnico. Se queredes consultar resultados da proba, podedes mirar a web da AGaCO: http://webagaco.iespana.es/







Forgoselos é o mellor mapa galego desde hai máis de dúas décadas nas que se manten inmutable. O terreo lembra ao dos estupendos mapas de orientación deportiva suecos: Bosque limpo de coníferas con moitos detalles de microrrelevo e poucos camiños. ORIENTACIÓN EN ESTADO PURO!!!


O outro día foi unha gozada correr por alí, a pesar dos destrozos do temporal, atravesando polo medio de manadas de cabalos semisalvaxes, que se xuntan nun curro todos os veráns. Nas proximidades esta o mini-cromlech das Pontes (con recreación en Google Earth), o sendeiro de Grande Percorrido do Medievo, a escola de escalada do Eume (coa Sol de Outono, unha via mítica a carón das máis longas de Galicia no Sector da Xesteira, 300 m de altura),…UN PEQUENO PARAÍSO!!







15.3.10

Parque Natural de Somiedo

Valle de Lago


El Parque Natural de Somiedo abarca 29.122 hectareas y constituye una unidad geologica diferenciada dentro de la Cordillera Cantabrica, el manto de Somiedo, con un sustrato compuesto por formaciones siliceas (pizarras, areniscas, cuarcitas) y carbonatadas (calizas y dolomías). Se originó una serie de plegamientos a los que le siguieron el modelaje de los materiales duros sobre blandos y, posteriormente, la erosión fluvial. A su vez, la acción de las lenguas de hielo formadas durante el cuaternario en las zonas mas elevadas creó amplios valles en forma de "U" como los de Saliencia y Ajo. Los principales rios que surcan el territorio son el Somiedo, el Pigüeña, el Valle y el Saliencia. Existe, ademas, numerosos lagos y lagunas, entre los que descuellan, por su tamaño y emplazamiento, los lagos de Saliencia (La Cueva, Calabazosa y Cerveiriz) a 1.600 metros de altitud, y el Lago del Valle.
LOS DATOS
SALIDA: Jueves 1 de Abril a las 09:00 desde el local social
REGRESO: Domingo 4 de Abril.
PERNOCTA: Valle de Lago - Braña la Code - http://www.lacode.es/
COSTE APROXIMADO: 200€ Incluye, Dormida, transporte, cena y desayuno.
Rutas a realizar:
Valle de lago - Peña Orniz -
Mas información en el Local social
Apuntaros pronto que Elias dice que se acaban las plazas.