27.11.14

XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN- día 27


XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA: CLUB ALPINO OURENSÁN
CO PATROCINIO ESPECIAL DA

 “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”

Xoves 27 de novembro as 20:30 h. Auditorio Municipal de Ourense. “ESCALADA DEPORTIVA NA CORDILLERA CANTÁBRICA” por Alberto Castaño Boza A charla dividida en dúas partes, comeza por un relato sobre as posibilidades da Cordilleira Cantábrica para a práctica da escalada deportiva, que o autor ten plasmado nunha guía con este nome. Na segunda parte, e sen abandonar este escenario, Alberto móstranos tres retos deportivos sen parangón: a escalada das catro caras do Urriellu no día dende Pandebano ida e volta, a ascensión dos cumios mais altos dos tres macizos de Picos de Europa, Morra Lechugales, Torrecerredo e Peña Santa no día e por último a travesía dos Urrieles, ascendendo tódolos seus picos de 2600m. no día.


24.11.14

Eleccións-Candidaturas


Eleccións-Candidaturas

Finalizado o prazo de presentación de alegacións e o non haber ningunha procedese a publicación definitiva de candidatos. Presentouse unha única candidatura a Presidente de Club Alpino Ourensán: 

ALFONSO GONZÁLEZ LÓPEZ

Así queda o calendario electoral:

12 de decembro 2014
Eleccions a Presidente Club Alpino Ourensán.
Acta Xunta Electoral.

Do 15 ata ó 17 de decembro 2014
Presentación alegacións

19 de decembro 2014
Proclamación Presidente Club Alpino Ourensán si procede.

19.11.14

COÑECE A MONTAÑA - ANCARES



COÑECE A MONTAÑA
Actividade ABERTA a non socias. 
Prazas limitadas.
 29 e 30 de novembro de 2014
Ascensión ao Miravalles, teito dos Ancares (1969 m)
ALÍ ONDE NACE A CORDILLERA CANTÁBRICA

Nas primeiras estrivacións da cordillera cantábrica xurden entre Galicia e León cumes de nome suxerente como o Tres Bispos, o Penarubia, Mustallar ou Cuiña para na fronteira con Asturias elevarse novamente, o Miravalles, nun último esforzo cara os 2000 m, sen acadalos.

O teito dos Ancares será este outono a proposta do COÑECE A MONTAÑA 2014.
Unha actividade destinada a coñecer unha das zonas da nosa xeografía máis emplemáticas.

Charla informativa: 
Sobre as actividades de montaña e escalada do Club Alpino Ourensan. 
Sede do club nas Galerías Bedoya, c/ Bedoya 4, local 9
Martes 25 as 20h

Plan da actividade:

Saída do parquing da policía nacional de Ourense o sábado 29 de novembro as 8.30 da mañán.
Desprazamento até A Degrada en vehículos particulares.
 (Recorrido: 2h30min aproximadamente).

SÁBADO: Ascensión ao Tres Bispos.

Noite no Albergue de Ancares (en literas) na propia localidade de A Degrada.

DOMINGO: Ascensión circular ao Miravalles dende Balouta.

Regreso a Ourense o domingo 30 a partir das 17h.

Información técnica ao Miravalles:

- Percorrido aproximado
- Lonxitude da ruta: 17 km aproximadamente
- Desnivel: 1.050 m
- Material recomendado: Roupa de abrigo e impermeable, botas de montaña, guantes e gorro.

Información práctica

- Comida para a ruta: froita, barritas enerxéticas, doces, algún pincho lixeiro por exemplo. E auga. 
A cea e almorzo podes traela ti ou tomala no albergue (faino saber na túa inscrición).
- Trae o teu saco de durmir para o albergue. 
- Transporte: Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada.

- Prezo: 15 € para non socias, 6 € para socias.
O prezo inclue seguro de responsabilidade civil e a cuota asociativa do primeiro trimestre no club. (Aloxamento e transporte non incluido)

Inscrición:

ANTES DO XOVES 27 AS 14H

Inscríbete na sede do Club Alpino Ourensán (Galerías Bedoya, c/ Bedoya 4, local 9) no teléfono 988.232628 en horario de 19:00 a 20:30 horas (luns, mercores ou venres) ou no correo electrónico clubalpinoourensan@gmail.com



Se non es socia do Club Alpino lembra deixar o teu DNI, mail e teléfono e informarnos se levarás a túa cea ou a reservamos por ti no albergue

16.11.14

CENA ANUAL 2014

CENA ANUAL 2014

O venres día 28 de novembro de 2014 as 22:00 h. celebraremos unha nova edición da Cena Anual social do club, a correspondente o ano 2014. Como podedes ver, o igual que os pasados anos, faremola cea na “Adega do Tito”, que nos ofrece un interesante menú, podedes consultalo nesta mesma páxina, a un prezo de 20 € por cabeza. 

Si estás pensando en asistir a Cena Anual 2014 lembra que debes apuntarte no local social do club e tes de prazo ata o día 26 do presente mes, facer efectivo o importe da cena(20€). Lembra tamén que no momento de apuntarte debes escoller o segundo prato de entre os sete ofertados.

MENÚ

ENTRANTES 

-Calameres a la romana 

-Empanada 

-Gambas Orly 

-Embutidos Ibéricos 

SEGUNDO (a elegir) 

-Salmón a la Plancha 

-Merluza a la Romana 

-Bacalao a la Portuguesa 

-Filete de Ternera 

-Escalopines con Salsa de Champiñones 

-Lasaña 

POSTRE 

-Tarta Helada 

BEBIDA 

Vino Tinto/Blanco, Aguas, Refrescos 

Café y Chupitos de Licor 

Precio Menú 20 €

Horario rocódromo


Despois da enquisa, xa temos establecido o novo horario para o rocódromo. Será os mércores de 17:00 A 19:00, comezando con este mércores día 19 de novembro.

Xa non iremos os martes ainda que podedes seguir indo co voso propio material nese horario.

9.11.14

XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN


Toda a info da Semana Audiovisual en:
semanaudiovisualcalpino.blogspot.com.es

8.11.14

Novo horario rocódromo


Imos, entre todos, a seleccionar un horario no que mais xente poida asistir o rocódromo, pois no horario que temos agora non hay demasiada afluencia de escaladores. Así que a pregunta é, Qué horario é no que podes asistir o rocódromo ou che vai mellor?

Pero antes unhas consideracións para facer esto ó mellor posible:

  • Votar só unha vez por persoa, non podemos comprobar quen votou e quen non, así que sexamos serios e non votedes varias veces o mesmo horario nin horarios diferentes.
  • Votar só se vas ir ó rocódromo en ese horario, se non tes pensado ir ó rocódromo, deixa que sexan os interesados os que decidan os horario.
  • Non sexamos "galegos" e andemos con "a min dacheme igual o horario", "todos me van ben" ou "o que decida a maioría". Ainda que todos che vaian ben, algún irache mellor que outro. Se andamos con estas gaitas, acabaremos quedando co actual.

 Agora o enlace a enquisa.

 

6.11.14

Eleccións a Presidente de Club Alpino Ourensán



Na Asamblea Xeral Extraordinaria do pasado 31 de outubro quedou aprobada a convocatoria de eleccións para a elección de Presidente de Club Alpino Ourensán, así mesmo quedou constituida a Xunta Electoral que rexirá o preoceso electoral. O calendario electoral queda detallado a continuación:

Eleccións Presidente Club Alpino Ourensán

Calendario Electoral (Aprobado en Xunta Xeral Extraordinaria)

Do 10 de novembro ata ó 21 de novembro 2014
Presentación de candidaturas
Publicación do censo electoral no local social do club.

Do 24 ata ó 26 de novembro 2014
Publicación provisional de candidaturas e presentación de alegacións
Presentación de alegacións o censo electoral

28 de novembro 2014
Resolución alegacións.

1 de decembro 2014
Publicación definitiva de candidaturas e censo electoral

12 de decembro 2014
Eleccions a Presidente Club Alpino Ourensán.
Acta Xunta Electoral.

Do 15 ata ó 17 de decembro 2014
Presentación alegacións

19 de decembro 2014
Proclamación Presidente Club Alpino Ourensán si procede.


Voto por correo
Os interesados en exercer o seu dereito a voto por correo deberán notifícalo ante a Xunta Electoral ata o día 1 de decembro de 2014. Finalizado este prazo a Xunta Electoral facilitará a os interesados os medios necesarios para exercer o seu dereito, con antelación suficiente a data da celebración das eleccións.

Consulta aquí os estatutos do club e o regulamento electoral