22.9.13

Calendario Actividades 4º trimestre 2013


Calendario Actividades
4º trimestre 2013

OUTUBRO

05 de outubro
SENDEIRISMO- Fraga do Rio Pena (A Cañiza)
12-13 de outubro
MONTAÑA- SENDEIRISNO-ESCALADA
Multiactividade en Quiros

NOVEMBRO

1-3 de novembro
MONTAÑA- Travesía por Picos de Europa con ascensión Pico Torrecerredo
9-11 de novembro
SENDEIRISMO-Somiedo/Alto Sil
16 de novembro
SENDERISMO – Toén
25-29 de novembro
SEMANA AUDIOVISUAL Club Alpino Ourensán
29 de novembro
CENA ANUAL 2013

DECEMBRO

En decembro y data por determinar
SENDEIRISMO
14 de decembro
MONTAÑA- Xornada de iniciación a montaña invernal

5.9.13

40 km a toda costa - Valdoviño - Prior - Ferrol




40 Km a toda costa !!

14-15 de Setembro 2013 :: TRAVESÍA DA PRAIA DE VALDOVIÑO - CASTELO DE SAN FELIPE (Ferrol)


A proposta para inaugurar o ano é o tradicional fin de semana pola costa. Este ano percorreremos en torno aos 40 km a beira da belísima costa entre Valdoviño e Ferrol, pasando polos enclaves de Cabo Prior, da praia de Doniños, o castelo de San Felipe ou da praia de Covas, entre moitas outras.

Con un total aproximado de 40 km de lonxitude é unha ruta de dificultade moderada. Con pouco desnivel e ningunha dificultade técnica.

Trátase dunha travesía lineal en autonomía (levar tenda ou funda de vivac e comida para os dous días). Palas, cometa e pixama opcionais ; )

Dámonos cita o venres pola tarde-noite no camping de Valdoviño (http://www.alagoacamping.com/) e saimos o sábado pola mañá coa fresca.
O sábado faremos noite nas inmediación de cabo Prior.
Rematamos o domingo pola tarde chegando a San Felipe ou Prioriño en función do tempo que teñamos.

Material necesario:
Tenda de campaña ou funda de vivac.
Esterilla e saco de durmir. 
Comida para os dous días. 
Roupa adaptada a climatoloxía e o máis que probable vento do "nordés"
Bañador moi recomendado.

Organiza:
Víctor Barro.
Para calquera dúbida, mail de contacto: vbarro@gmail.com

Inscricións e pago da actividade no club.

3.9.13

Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2013



Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2013

Convocatoria ano 2013 do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán. Concurso no que os socios podedes presentar os vosos traballos para optar  a premio ou formar parte do xurado que elixirá os gañadores de entre todas as fotos presentadas. Si queres formar parte do Xurado comunícao con antelación suficiente no local social do club.
O prazo límite de admisión de obras será o 18 de setembro de 2013, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo.

BASES
1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.
2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes...
3. Presentación e envío. Admitirase soamente formato dixital (mínimo 3 megabytes de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas. Os arquivos nomearanse co título da foto e virán dentro dunha carpeta que será nomeada con un lema elixido polo autor. Noutra carpeta co mesmo lema incluiranse os datos persoais do autor e teléfono de contacto nun documento de texto. En caso de facer o envío por correo electrónico enviarase outro correo “plica” onde figure como “asunto” o lema, e no texto os datos do autor.
4. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:

- Un 1º Premio de 250 euros

- Un “Premio Popular” de 150 euros

5. Xurado e resolución. O xurado, que elixirá o primeiro premio, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios. O resultado comunicaráselle aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro. As decisións do xurado serán inapelables.
 “Premio Popular”. Elixido polos socios do club en votación de entre as obras presentadas. As obras expostas estarán numeradas e habilitarase unha urna no local social para efectuar a votación coas papeletas creadas o efecto. O resultado da votación farase público na Cena Anual 2013.
6. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas no mes de  novembro de 2013. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.
7. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 15 de decembro de 2013. Se as obras non son reclamadas antes do 26 de febreiro de 2014 enténdese que o autor renuncia a elas.
8. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.