22.1.08

Actividades Infantiles-Manzaneda (FOTOS)



Manzaneda 27.01.08 - Neve I

Os datos
Data: 27 de xaneiro
Participantes: 38 (14 nenos + 24 adultos)


Actividade: Pola mañá a disfrutar da neve na improvisada pista para trineos aproveitando o camiño que sube dende o refuxio ata a zona da "Intermedia". Nenos e non tan nenos a tirarse con trineos, palas e outros artiluxios pola pendente con algún que outro percance por mor da velocidade sen control.




As 15:00 xantar no refuxio con empanadas e chourizos...


... e pola tarde xogos. Rastreo na percura do tesouro, divididos en tres grupos os nenos percorreron os arredores do refuxio en busca de gominolas, carreiras de sacos para os pequenos e os pais...

GRUPO 1



GRUPO 2




GRUPO 3



... e así pasou a tarde ata que chegou o momento de partir o esmorecelo día. A sensación da xornada foi boa e xa quedou apalabrada a seguinte actividade infantil para o domingo día 10 de febreiro a celebrar tamén no refuxio pero con outras actividades. ¡Vémonos!

21.1.08

"INICIACIÓN" a montaña invernal

Pues ya estamos en casa de vuelta despues de un fin de semana estupendo, sol, calor y lo malo la nevera del refugio, una pena que esté en esas condiciones y no lo cuiden un poco más (si lo pilla el Berna, lo pone como una patena), pero bueno lo demás todo estupendo, los monitores muy pero que muy buenos usaron el metodo de aprendizaje del descubrimiento el primer día granpones, piolet y para arriba y el segundo día nos explicaron como tendriamos que hacer en caso del que en el primer día nos pasara algo. Nada pues ahora os dejo las fotos de "INICIACIÖN" adeus

14.1.08

Trevinca-Iniciación a Montaña Invernal

TREVINCA 19/29 de xaneiro de 2008
Promeira actividade de montaña do ano 2008 na que faremos unha aproximación as técnicas de montaña invernal co uso de piolet, crampons e medidas de anclaxe e seguridade.
O sábado patearemos o cordal para achegarnos ata o Peña Surbia 2095 m. (Trevinca Norte) facendo práticas de progresión en neve. O domingo baixaremos ata os lagos de "La Baña" para ascender o Picón.
Actividade de 2 días con pernocta no refuxío "Fonte da Cova" pertencente o club Peña Trevinca-Barco. Maís información no local social.

Os datos
Data: 19-20 de xaneiro
Saída: Sábado 19 as 09:00 horas do local social
Dificultade: Facil-Media (con neve)
Material: Saco de dormir, colchoneta. Casco, arnés, piolet e crampóns

10.1.08

Covocatoria Eleccións a Presidente

Eleccións a presidente

Na pasada Asemblea Xeral Extraordinaria do mes de decembro, acordouse convocar eleccións a presidente do Club Alpino Ourensán, acorde co novo regulamento electoral aprobado na mesma asemblea polo que de seguido tedes a convocatoria electoral segundo o citado regulamento.

CONVOCATORIA

1 – Calendario electoral

21, 23, 25, 28 e 30 de xaneiro de 2008
Prazo de admisión de candidaturas e exposición provisional do censo electoral
1 e 4 de febreiro de 2008
Prazo de presentación de reclamacións.
6 de febreiro de 2008
Resolución de reclamacións por parte da Xunta Electoral
8 de febreiro de 2008
Publicación definitiva de censo electoral e candidaturas.
15 de febreiro de 2008
Apertura da mesa electoral de 20:00 a 22:00 horas. Reconto de votos e redacción da acta electoral ao peche da mesa electoral.

2- Todos os actos previstos no calendario electoral terán lugar no local social do club en horario de apertura normal, agás o día da votación, que será o especificado.

3- O censo e candidaturas estarán expostas no taboleiro do local social.

4- Xunta Electoral

Presidente: Chema
Vogal: Anayansi
Vogal: Agustín Villaverde
Vogal: María Cid

A sede da Xunta Electoral será o local social do club en horario de apertura normal, agás o día da votación, que será o especificado.