27.7.08

Concurso de Fotografía

VIII Edición Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

O mércores 30 de xullo remata o prazo de presentación de traballos para a presente edición 2008 do concurso de fotografía do club. Non esquezas a data e lembra que podes presentar as fotos en formato papel ou dixital (neste caso o club pasará as fotos a papel de todos os que as presenten neste formato).

¡Importante!

A organizacición do concurso acordou ampliar o prazo de presentación de traballos ata o 31 de agosto, pero neste caso terán que ser presentados os traballos en formato dixital e mediante correo electrónico a calpinoo@terra.es

Damos así resposta a algún despistado que ainda anda cas datas de concursos pasados e de paso aumentamos o número de participantes.

NOTA: Enviar os traballos con lema e título nun email e logo outro email co lema e datos personaís.

De seguido as bases do concurso

BASES
1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.

2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes...

3. Tamaño e presentación. O formato fotográfico é libre, cun tamaño de papel mínimo de 20x30 cm.e máximo de 30x45 cm. As fotografías non deberán ir montadas nin reforzadas sobre cartolina, nin con passepartout. Farase constar no dorso de cada fotografía só o título da obra. Por cada fotografía e nun sobre pechado, indicando “VII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán” e o “título da obra”, deberá ir unha tarxeta co nome e apelidos do autor/a, teléfono, correo electrónico, título da obra e un breve texto explicativo, indicando como mínimo o lugar da fotografía e o equipo fotográfico empregado.

4. Presentación e envío. As obras entregaranse na sede do Club debidamente protexidas. O prazo límite de admisión de obras será o 30 de xullo de 2008, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo. No sobre indicarase “VIII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán”.

5. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:
· 1º Premio: 250 euros
. 2º Premio: 150 euros
· 3º Premio: 100 euros
· Premio especial do Club: 150 euros (Elixida en reunión pola xunta directiva como foto representativa do club)

6. Xurado e resolución. O xurado, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola xunta directiva. O resultado comunicaráselles aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 1 de outubro.
As decisións do xurado serán inapelables.

7. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas, do 1 ao 15 de novembro de 2008. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.

8. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 15 de decembro de 2008. Se as obras non son reclamadas antes do 13 de febreiro de 2009 enténdese que o autor renuncia a elas.

9. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.

21.7.08

El Crestón del Pasu Malu

CRESTÓN DEL PASU MALU

26 e 27 de xullo

Actividade preparatoria para Pirineos, donde un pequeno grupo poderá realizar unha actividade ó estilo da realizada no Mauberme (Pirineos). Achegarémonos ata o Crestón do Pasu Malu desde o Prau para ir coñecendo as técnicas de corda na progresión por crestas e tomando contacto coa sensación de patio. A cresta ten pasos de II e algún illado de III. O número de participantes está limitado a un máximo de 8 montañeiros.

Durmiremos no chozo dos Llanos del Fontán ou vivaquearemos pola zona si está ocupado.


Data: 26 e 27 de xullo

Hora: 10:00
Punto de encontro: Local social

O que se precisa:

Vestimenta e botas de montaña.
Saco e funda de vivac, aislante.
Víveres.
Casco, arnés e unha corda (de uso en simple ou doble a poder ser curta, chega con uns 30 metros) para cada dúas persoas. Descendedor e 3 ou 4 mosquetóns.
Algunha cinta / cordino largos.

Dificultade : A cresta pódese facer sen corda pero nós progresaremos encordados para ver as técnicas que podemos usar neste tipo de tereno.

Prezo: 15 euros (Gastos de desplazamento non incluídos)

14.7.08

As Fragas do Eume/Fotos

19.07.08

Ruta sendeirista polo Parque Natural Fragas do Eume situado na comarca do mesmo nome que limita o norte co Ferrolterra e o sur coa mariña coruñesa. Un percorrido polo bosque atlántico de árbores caducifolios misturado coa historia dos mosteiros de Caaveiro ou o de Monfero e todo iso no marco do canón do río Eume.

A RUTA


AS FOTOS











8.7.08

BTT Celanova - Fotos

Percorrido circular Ourense - Celanova - Ourense
Domingo día 13.07.2008









1.7.08

PIRINEOS 08 + Fotos



PIRINEOS 08 / 2-9 de agosto

ALTA RIBAGORÇA - LA VALL DE BOÍ
Parque Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

Segunda entrega do lote “Pirineo Catalán”. En 2007 percorremos a zona norte do Parque Nacional d´Aigüestortes i Estany de Sant Maurici e na presente edición visitaremos a comarca da Alta Ribagorça, na vertente sur-occidental do parque nacional. Ben defendido por picos de gran altura y establecido durante séculos como condado independente, o leridano Vall de Boí está considerado como o berce do arte románico de Cataluña e foi declarado, o conxunto de igrexias, patrimonio da humanidade pola Unesco.

Acamparemos na entrada da Vall de Boí, Camping Alta Ribagorça, preto da vila de Vilaller.

Camping Alta Ribagorça

Les Bordes /25520 / El Pont de Suert /Tel. 973 69 05 21


Situado no corazón dos Pirineos de Lleida, en un enclave estratéxico para disfrutar dos vales mais pintorescos dos Pirineos, e descubrir a maxia do románico mais xenuino. Cerca do val de Boí, o val de Aran, Benasque, Isavena e do parque nacional de Aigüestortes y Estany de Sant Maurici.



De seguido tedes o proxecto de actividades a realizar polos grupos de montaña e sendeirismo, este ano ademais temos preparadas unha serie de actividades pensadas para os pequenos. As actividades non son as definitivas e esta suxeitas a modificacións.

MONTAÑA

1. Pic Gran del Pessó (2893 m.)

2. Pico Punta Alta (3015 m.)

3. Pico Comaloformo (3030 m.)

4. Pico Ballibierna (3056m.)

5. Pico Russell (3207 m.)

SENDEIRISMO

1. Puente de Sant Martí - Estanys del Pessó

2. Estany de Cavallers / Planell de Riumalo

3. Planell d´Aigüestortes

4. Ruta Boí-Durro

5. Estany Llong

ACT. INFANTÍS

1- Salencar de Barruera. Sendeiro temático dedicado á flora e fauna da Alta Ribagorça
2- Lagos de Pesso.
3- Ascensión Pico Corona del Pinar 2.063 m.
4- Escalada na Escola de Escalada Cavallers.
5- Sendeirismo en Parque Nacional d´Aigúestortes i Estany de Sant Maurici (Estany de Llebreta – Planell de Aigúestortes).
6- Circuíto románico do Val de Boí.

Algunhas fotos de "familia" de Pirineos 08

Tomando un respiro...
Nos lagos de Pesso

O día de descanso (seguido a rajatabla)

No Ballibierna, foto de cume.