30.9.07

Ancares

12-14 de outubro / Ancares /Degrada
Na ponte do Pilar marchamos o Os Ancares para disfrutar, coa entrada do outono, da montaña e do sendeirismo. Dende Degrada, lugar de pernocta, visitaremos diferentes zonas da serra en tres xornadas das que vos adiantamos o borrador da proposta.
12.10.07
Circuito circular ata Tres Obispos con inicio e fin en Degrada
13.10.07
Circuito circular ata o Mostallar e Cuiña con inicio e fin en Piornedo
14.10.07
Visita o Penarrubia

Pernoctas, cena, e almorzo en Degrada, no albergue. ¡Temos prazas limitadas con opción de solicitar maís si vos apuntades con tempo!.

OS DATOS

Data:12-14.10.07
Hora: As 8:00 dende o local social do club
Material: Roupa de abrigo, botas, comida de ataque (opción de encargar bocata no albergue) e saco de dormir (literas con colchón).

18.9.07

XORNADA DE ESCALADA NO "CANÓN DO SIL"




XORNADA DE ESCALADA NO "CANÓN DO SIL"

Xornada de escalada na escola do Cañón do Sil o vindeiro sábado día 6 de outubro. Dependendo do número de participantes formaranse grupos según o nivel de escalada por eso é importante apuntarse antes do mércores día 3 para poder saber con tempo do número de participantes que asistiran a actividade.
¡ACTIVIDADE INFANTIL!
Os nenos/as do club terán tamén o seu momento de esparcemento pola tarde xa que estamos a preparar unha pequena actividade de escalada para os cativos a partir das 16:00 horas no mesmo lugar. Información no local social.


OS DATOS

DATA: 06 de outubro de 2007

HORA: Sábado as 10.30 o local social ou as 11:00 no zona escola.
Actividade infantil a partir das 16:00 horas
MATERIAL:Casco, arnés, descendedor, cabo de anclaxe... O que precise material do club que o comunique no momento de inscribirse.


Fotos BTT Gudiña- Ourense



Unhas fotos da saída de BTT A Gudiña - Ourense


10.9.07

BTT-Ruta da Prata

BTT. Camiño de Santiago-Ruta da Prata. 15,16-09-2007

Ruta de bicicleta de montaña pola Ruta da Prata saindo dende A Gudiña o sábado (chegaremos en tren) para facer unha primeira parte doada ata Laza (pernocta no albergue de peregrinos). O domingo resto da ruta ata Ourense con parada a xantar polo camiño. Maís información no local social.

OS DATOS
DATA: 15,16 de setembro de 2007
HORA: Sábado as 15.30 ou 17:00, depende do horario de tren
DIFICULTADE: Media-alta, 90 kilómetros con subidas e baixadas por pistas, corredoiras e estradas
LUGAR: Saída dende Estación Renfe
MATERIAL:Bicicleta, casco, augua e comida