29.10.10

Magosto 2010

Magosto Social 2010
Manzaneda
Refuxio "Pena do caldeiro"
6/7 de novembro de 2010

Actividade social no refuxio "Pena do Caldeiro" con saida previa de sendeirismo (paseo) polos arredores da Fraga do Navea para recollida de castañas e setas. Comida a base de bocata durante o percorrido. Subida o refuxio a media tarde para entrar en materia e disfrutar da festa do magosto 2010. Este ano recollemos a proposta de organizar na ruta unha actividade micolóxica para logo no refuxio facer parte da cena a base de setas.
Cena organizada polo club a base de empanadas, chourizos, viño e licores.
PERNOCTA NO REFUXIO OPCIONAL PARA QUEN QUEIRA

OS DATOS
DATA: 6 de novembro de 2010 as 10:30 dende a "Gasolinera A Derrrasa"
MATERIAL: Roupa axeitada para "patear" e bocata
MÁIS INFORMACIÓN NO LOCAL SOCIAL DO CLUB

FOTOS nos seguintes enlaces:
Fotos de María Genma
http://www.facebook.com/home.php?#!/album.php?aid=77762&id=1641727877&page=2
Fotos de Miguel Rey
http://www.facebook.com/home.php?#!/album.php?aid=2079019&id=1085468736

Catividad Infantil / Rocódromo



ACTIVIDAD INFANTIL no ROCÓDROMO

Este martes 2 de novembro iniciamos a actividade de escalada no rocódromo cos socios máis novos do club. Como en anos anteriores e imprescindible a presencia dos pais dos rapaces na actividade ¡e si están dispostos a escalar mellor!
En horario de 19:00 a 20:00 horas os martes con roupa deportiva e calzado cómodo.
Si tes pensado en asistir ponte en contacto co club para confirmalo e decirnos cantos rapaces asistirán para poder organizarnos.

OS DATOS
Data: Todos os martes de 19:00 a 20:00 horas
Lugar: Rocódromo Pavillón dos Remedios
Material: Roupa axeitada e augua.

¡IMPORTANTE!
:Confirmar asistencia mediante correo a calpinoo@terra.es

27.10.10

Premio "Popular" X Concurso Fotográfico


Premio "Popular" X Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

Resoltos xa o 1º Premio e o "Premio Club" desta 10ª Edición do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán queda por decidir o "Premio Popular".

PREMIO POPULAR

Segundo se expresa nas bases do concurso o “Premio Popular” decidirase por votación de entre as obras presentadas a presente edición, as cales irán numeradas e polas que poderedes votar no local social. Alí atoparedes as papeletas e recipiente para depositar o voto da que consideredes vos a foto merecedora do premio. Quedan excluídas as dúas obras xa premiadas por non poder acumular unha mesma obra mais de un premio. As obras que optan o premio poderán verse no local social do club nun montaxe audiovisual dende o día 27 de outubro ata o 22 de novembros as 20:30 horas. Tamén podedes velas neste enlace ou visitando a exposición dos traballos no Liceo Ourensán sito en R/ Lamas Carvajal nº 5 en Ourense do 16 ao 30 de novembro.

Ánimo e participade para elexir a foto "popular"


22.10.10

Parque Natural de Redes


Parque Natural de Redes
30,31 de outubro e 1 de novembro de 2010

Bosques, brañas, sendeiros e montañas no sur de Asturias. Donde ainda se agochan osos e urogalos.
Aloxamento no albergue de Campo de Caso. Prazas limitadas (11). Anotarse canto antes para informar ó albergue.

OS DATOS
Data: 30.10.2010
Hora: As 09:00 h. dende o club
Material: O habitual para rutas de unha xornada.

21.10.10

XII Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán


Avance informativo
Edurne Pasaban na Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

XII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

ORGANIZA:

CLUB ALPINO OURENSÁN

PATROCINIO ESPECIAL DA “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”

PROGRAMA:

AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE

Mércores 24 de novembro as 20:30 h.:

“PATAGONIA-ALPES UNHA AVENTURA CON ESQUIS DE MONTAÑA” por Rubén Estevez Rodríguez.

O autor móstranos dúas paisaxes de montaña soñados, Patagonia en América do sur e os nosos Alpes, dúas aventuras con esquís de montaña por algunhas das mais coñecidas cimas de estas dúas cordilleiras montañosas.


Xoves 25 de novembro as 20:30 h.:

“EDURNE PASABÁN 14 x OCHOMIL” por Edurne Pasabán.

A alpinista guipuscoana Edurne Pasabán esfiará a súa traxectoria nas 14 montañas mais altas do planeta, despois de converterse na primeira muller en conquistar tódalas cimas destas mastodónticas montañas e única muller no mundo en ter alcanzado a cima e baixado con vida do colosal K2, todo elo cas súas experiencias, anécdotas e un análise persoal deste mundo, asemade de contarmos os seus próximos retos como o de escalar o Everest sen oxixeno na primavera que ven.


Venres 26 de novembro as 20:30 h.:

“KILIMANJARO A LIBERDADE DUN PAIS” por Pablo Ferro, Ignacio Rafael e Cesar Saco.

Tres socios e amigos do club, viaxan a Tanzania co obxectivo de ascender á mítica cima do Kilimanjaro. Unha aventura que, lonxe do que se pode pensar, segue a ser unha cima de case 6.000 metros cun ambiente cambiante, rodeada dun halo de misticismo que envolve a viaxe dende o primeiro momento.


En vindeiros comunicados mais información.

16.10.10

Taller de Espeleología

Taller de Espeleología en Valporquero




El último fin de semana de Octubre, día 31 y 1 de Noviembre desarrollaremos un Taller de Espéleo en Valporquero.




La dificultad es alta.




El último día para inscribirse es el Lunes día 25 de Octubre en la Secretaría del Club.




Os dejo unas imágenes de nuestro último recorrido por el curso de aguas el pasado Agosto.









Nos vemos.


.

12.10.10

X Concurso Fotográfico




X Concurso Fotográfico

Club Alpino Ourensán

RESOLUCIÓN

O pasado mércores 29 de setembro reuniuse o Xurado do X Concurso Fotográfico, formado por Mark Ritchie como fotógrafo profesional e Ignacio Rafael como membro da Xunta Directiva, dando como gañador do concurso o traballo “Niebla” presentado por Mar Pallás.

Pola súa banda a Xunta Directiva escolleu “Alpes” como gañadora do premio “Foto Club” presentada por Elias Rgz.

Exposición Colectiva

“Outono Fotográfico”

(CLICK AQUÍ PARA VER AS FOTOS)

Mostra dos traballos presentados, e os premiados, o concurso de fotografía. No Liceo Ourensán sito en R/ Lamas Carvajal nº 5 en Ourense. Do 16 ao 30 de novembro


Fotografías de:

Mar Pallas, Elías Rodríguez, Pedro Seoane, Angel Barrio, Joaquín Dobarrio, Bernardino Barandela, Sara Seoane, María Cid, Baldomero Conde, Isabel Macías, Jorge Pallás, Ignacio Obenza, Ignacio Rafael, Lucas Rodríguez, Ernesto Fernández, Florentino Taín, Manuel Fernandez, Felix A. Parada, Carmen Taín, Gonzalo Domínguez.


1º Premio: "Niebla" por Mar Pallás


Premio Foto Club: "Alpes" por Elías Rodríguez