29.9.14

ACTIVIDADES 4º TRIMESTRE 2014


ACTIVIDADES 4º TRIMESTRE 2014

OUTUBRO
11,12 de outubro
MONTAÑA-SENDERISMO Travesía por Somiedo
11,12 de outubro
ESPELEOLOXÍA Xornadas de nutrición en cavidade (Ourense)
25 de outubro
SENDERISMO A Cañiza
25,26 de outubro
ESPELEOLOXÍA Técnicas de microexplosivos (Ourense)
31 de outubro
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
NOVEMBRO
15,16 de novembro
SENDERISMO Trevinca
15,16 de novembro
ESPELEOLOXÍA Mantemento e optimizacion de materiais individuais
22,23 de novembro
ESPELEOLOXÍA Xornadas tecnicas perfeccionamiento en espeleoloxia
24-28 de novembro
XVI SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
28 de novembro
CENA ANUAL 2014
29,30 de novembro
MONTAÑA- Coñece a montaña. Os Ancares-Miravalles
DECEMBRO
6-8 de decembro
SENDERISMO Actividade por determinar
13,14 de decembro

MONTAÑA Ubiña descoñecida

28.9.14

Cocurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2014


Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2014

Convocatoria ano 2014 do Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán. Concurso no que os socios podedes presentar os vosos traballos para optar  a premio ou formar parte do xurado que elixirá os gañadores de entre todas as fotos presentadas. Si queres formar parte do Xurado comunícao con antelación suficiente no local social do club.
O prazo límite de admisión de obras será o 15 de outubro de 2014, non admitíndose ningunha obra que chegue con posterioridade a este prazo.

BASES
1. Concursantes e obras. Poderán participar tódolos socios do club que o desexen, excepto o gañador da edición anterior e os membros do xurado. Os autores poderán presentar un máximo de tres fotografías, en cor ou en branco e negro, non premiadas en calquera outro concurso. Só se admitirá un autor/a por obra.
2. Temática. Fotografías que estean relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en tódalas súas modalidades: imaxes de montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes...
3. Presentación e envío. Admitirase soamente formato dixital (mínimo 3 megabytes de resolución) en soporte físico ou mediante correo electrónico sempre dentro das datas especificadas. Os arquivos nomearanse co título da foto e virán dentro dunha carpeta que será nomeada con un lema elixido polo autor. Noutra carpeta co mesmo lema incluiranse os datos persoais do autor e teléfono de contacto nun documento de texto. En caso de facer o envío por correo electrónico enviarase outro correo “plica” onde figure como “asunto” o lema, e no texto os datos do autor.
4. Premios. Cada autor só poderá acadar un premio. O importe do premio farase con cheques regalos que poderán ser trocados nos establecementos patrocinadores do concurso. Dotación dos premios:

- Un 1º Premio de 250 euros

- Un “Premio Popular” de 150 euros

5. Xurado e resolución. O xurado, que elixirá o primeiro premio, estará formado por ao menos un profesional da fotografía, polo gañador do concurso anterior e por un socio do club elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios. O resultado comunicaráselle aos gañadores por teléfono ou correo electrónico e farase público a partires do 17 de outubro. As decisións do xurado serán inapelables.
 “Premio Popular”. Elixido polos socios do club en votación de entre as obras presentadas. As obras expostas estarán numeradas e habilitarase unha urna no local social para efectuar a votación coas papeletas creadas o efecto. O resultado da votación farase público na Cena Anual 2014.
6. Difusión, exposición e entrega de premios. O club Alpino Ourensán, conxuntamente co Outono Fotográfico, realizará unha exposición coas obras seleccionadas no mes de  novembro de 2014. A entrega de premios efectuarase na cena anual do club da que se dará cumprida información. As obras seleccionadas poderán saír editadas en publicacións posteriores, coa intención de difundir o concurso, sen ánimo de lucro. Nas obras expostas e/ou publicadas indicarase o autor/a.
7. Disposición das obras. As obras premiadas quedarán en propiedade do Club Alpino Ourensán, que poderá copialas ou utilizalas sen limitación de medios, tempo ou lugar, para promoción e divulgación, con indicación do nome do seu autor/a. As obras non premiadas poderán ser retiradas polos seus autores no Club, a partires do 15 de decembro de 2014. Se as obras non son reclamadas antes do 27 de febreiro de 2015 enténdese que o autor renuncia a elas.
8. Observacións. Os participantes responsabilizaranse totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe. A organización poñerá o máximo coidado na conservación das obras, pero non se responsabilizará das posibles perdas, subtraccións ou deterioro. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas Bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das presentes Bases.

23.9.14

Inicio Rocodromo Martes 7 de Octubre


Cambio no horario.
 Debido a cambios do pavillón no horario de uso, o rocódromo comezará media hora mais tarde de 22:00 a 23:30, é un pouco tarde, pero é o que nos deron.
Inicio Rocodromo:

Martes de 21:30 a 23:00h

Os esperamos!!!!

19.9.14

Cañon do Sil GR-56 Transourensán


28 de Septiembre
Empezamos nuestra temporada de senderismo en la Ribeira Sacra con el GR-56 Transourensán. Nos juntaremos con la Fedración Galega de Montañismo y el Club Ribeira Sacra para esta actividad. Recorreremos un tramo del Transourensán desde el monasterio de San Esteban hasta Parada do Sil, donde podremos disfrutar del corazón del Cañon del Sil. Desde los miradores de O pé do home, O picoutiño y los Balcones de Madrid, y de algunos pueblos rurales como Cerreda, Vilouxe, Loureiro y San Esteban con su monasterio.

Comida opcional de confraternización al acabar la ruta.
Último día para apuntarse a la comida el jueves 25, para apuntarse a la actividad sin comida viernes 26.


Datos
Precio: 12€ la comida
Distancia: 15 kms
Horario: 6 horas
Dificultad: Baja
Material: Ropa adecuada al tiempo y mochila de ataque. Comida del mediodía no necesaria si se escoge la opción de comida al acabar.

Salida de Ourense desde el club a las 09:00 hrs el domingo 28 de septiembre, o a las 10:00 hrs en Viduedo, Nogueira de Ramuín.

18.9.14

Novo horario local do club



A partir do 18 deste mes o horario do local do club cambia ¡Poñemos horario de inverno! 
Pasa a ser os luns, mercores e venres coma antes, pero de 19:00 a 20:30.

1.9.14

50 km a toda costa


Dende PUNTA COMPÁS as ILLAS ISARGAS
12-13 e 14 de setembro de 2014

Como vimos facendo duns anos a esta parte, percorremos cada mes de setembro un anaco da nosa costa "en estilo alpino" ... levando comida e aloxamento con nos e non deixando nada polo camiño.

Este ano saimos das inmediacions de Arteixo (Punta Compas - Balcobo) con destino final no Cabo de San Adrian, mirador natural das Illas Isargas. E se cadra, quizais hai posibilidade de visitalas.

A ruta ten unha lonxitude aproximada de 45 km para facer en dous días, saindo ben cedo o sábado e chegando a tardiña do domingo. Durmida en tenda/vivac (segundo queira cada quen) a medio camiño.

Non hay dificultade técnica ningunha nin desniveis reseñables.
Compre levar todo o necesario para comer e durmir polo camiño.
No caso de precisar algunha cousa cruzaremos os pobos de Caión e Malpica de Bergantiños

En canto as opcións de aloxamento para a noite do venres está o camping de Balcobo aberto nesta época e moi perto do punto de saida.

Calquera dúbida a maíores contactade con Víctor: vbarro@gmail.com
Inscribídevos no club a partir de hoxe (día 1).

Prezo estimado da actividade: 6 €