26.2.08

Peña Ten e algo máis...

Ten, Pileñes e Mediodía

O ano pasado na nosa visita ó Mampodre chamounos a atención aquel solitario pico que destacaba cando mirabamos cara o Norte. A Peña Ten era esa enorme mole caliza á que lle debiamos unha visita.
Decidimos aproveitar ó máximo a fin de semana saíndo o venres e variamos os nosos plans iniciais propoñendo a ascensión da Peña Ten para o sábado e deixando para o domingo algunha actividade máis curta vistas as previsións meteorolóxicas.

Comezamos a ascensión desde a aldea de La Uña encamiñando os nosos pasos cara o nacemento do río Esla e o porto de Ventaniella. Pouco antes de chegar a este paso natural entre León e Asturias dirixímonos ó collado do cardal. Todos din que "Peña Ten pa les cabres y Pileñes pa les ovelles" e, metidos en faena, non podíamos deixar de visitar o feudo das "ovelles" para logo sufrir a dura ascensión da interminable ladeira da Peña Ten.



Para o descenso destrepamos unha das canales que recorren a cara suroeste na procura do porto da Fonfría e logo seguindo o río Carcedo ata atopar de novo o noso punto de partida completando unha ruta que nos ocupou oito horiñas.

¡Qué mal rollo! ¡Que vai chover!¡Que nos imos poñer coma pingos! O Gilbo chamábanos por ostentar a categoría de mini-cervino vixiante do pantano. Era unha ascensión curta que podiamos acometer en pouco tempo aproveitando algún claro no ceo. Pero tamén estaba o Mediodía, ese picacho de aire alpino que nos saúda pola mañá nada máis saír do albergue de Maraña e co que algúns xa tiñamos unha débeda. Noutra ocasión non puidemos máis que acercarnos ó que para nós quedou gravado na memoria como mítico collado das tempestades e dos ventos afuracanados.





Estaba encapotado pero parecía posible... e fixémolo posible porque había moitas ganas. Chegamos deseguida ó magnífico circo, subimos a monótona pala de neve que nos leva ó mítico collado que separa o noso obxectivo do Pico Valcerrao. Desde aquí cresteamos con unha nube que a cada paso semellaba máis escura. Pico, foto e para abaixo, "atallando" por unha canal que se puxo un pouco rebelde polas condicións precarias da neve.



Ás cinco da tarde xa desfrutabamos do merecido relax que proporciona a ducha quente.

23.2.08

Integral Ancares - Fotos

Un ano maís tocou "salir por patas" sin rematar a integral. O sábado a cousa pintaba moi ben xa que o longo do día o avance fora maís que considerable (Pena Rubia, Tres Bispos, Os Penedoes, Corno Maldito)...

Cruzando "Os Penedoes"

O "Corno Maldito"

O vivac (domingo)

As condicións climatoloxicas adversas invitan a unha retirada prudente do cordal pero xa estamos a prepar un novo "ataque" a integral na primaveira e en unha xornada. Xa informaremos.





18.2.08

Peña Ten



PEÑA TEN (2.140 m.s.n.m)
23 e 24 de febreiro


Ascenderemos á Peña Ten desde a aldea de La Uña percorrendo as fontes do río Esla.
O sábado faremos unha pequena excursión pola zona de Riaño (pode que o pico Gilbo).
Pernoctaremos no albergue de Riaño ou Maraña en función das prazas dispoñibles e o domingo ascenderemos a Peña Ten.

É importante que vos apuntedes canto antes para confirmar as prazas no albergue.

Saída: Sábado ás 09:00 no local social
Dificultade: Fácil (sin neve)
Material: Levaremos piolet e crampóns por si cae algo esta semana


11.2.08

INTEGRAL DE ANCARES



La propuesta es simple, Integral de Ancares, desde el Penarrubia hasta el Cuiña, en dos días con vivac y ¿condiciones invernales?, el resultado es cuando menos, incierto.
Actividad de dificultad media, necesarios piolet y crampones. Hay posibilidad de dormir en refugio si hace mal tiempo.

4.2.08

Actividades Infantiles - Neve II (Fotos)


10/02/08 - Manzaneda - Neve II

Segunda actividade adicada os pequenos e que de novo fixemos en Manzaneda por aclamación popular de entre os asistentes a saida do mes de xaneiro. Nesta ocasión repetimos as baixadas con trineos e aparellos semellantes ademaís de esquí e unha xincana argallada por Eloisa.

Os Datos

Data: 10/02/2008

Participantes: 13 nenos e 24 adultos

Actividades:Trineos, esquí e xincana










2.2.08

Montaña Ubiña - Semana Santa


SEMANA SANTA - MONTAÑA NO MACIZO DE UBIÑA

É preciso que os montañeiros que queiran participar na saída de semana santa ó macizo de Ubiña se vaian apuntando no club canto antes para poder xestionar o aloxamento.

O programa aínda esta por definir pero barállanse ascensións a Ubiña Pequeno, Peña Cerreos, Ubiña (espolón este), os Fontanes e a zona de Huertos del Diablu (todo en función das condicións de neve que atopemos, do tamaño e aptitudes do grupo).