31.10.08

Magosto Social 08

8 e 9 de novembro de 08
Empanadas, sendeirismo, queimada, colleita de castañas, orientación, chourizos, gaiteiros, festa... e moito mais.
8.11.08
Saida o sábado día 8 as 10:00 horas dende o local social cara as Terras de Trives para facer unha pequena ruta de sendeirismo a percura de castañas para facer o magosto. Xanteremos no transcurso da actividade e logo partiremos a media tarde cara o refuxio de Manzaneda onde faremos os preparativos para a cena e festa posterior.
CENA
Empanadas variadas
Chourizos
Castañas asadas
-
Queimada e festa
Estamos a "negociar" a presenza de algún que outro gaiteiro para darlle color a festa pero si queredes traer algún que outro aparello musical acorde co evento animádevos e aver que sae de todo esto.
9.11.08
O domingo teremos a actividade de orientación si as condicións metereolóxicas (e a resaca) o permiten.

28.10.08

Cena Anual 2008

Cena Anual 2008
A piques de rematar o ano toca celebrar a Cena Anual do Club que terá lugar o venres 21 de novembro ás 22:00 horas no Restaurante Pingallo (Rúa san Miguel, 6) coincidindo ca última xornada da Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán. No transcurso da cena farase entrega dos premios do concurso de fotografía (VIII Edición) e do Pin de Prata do Club. Este ano de novo sortearemos agasallos entre os asistentes contando coa colaboración de Zagora Aventura e Cervexaría “O Moucho”. Todos aqueles que queirades asistir a Cena Anual do Club- 2008 deberedes notificar a vosa asistencia no local social antes do día 17 de novembro comunicando nese momento o segundo prato elixido de entre os mencionados no menú. O custe da cena é de 25 euros, no momento de facer o pago entregarase un recibo numerado válido para o sorteo. Esperámosvos a todos. Un saúdo
A Xunta Directiva
MENÚ
ENTRANTES
Luras a Romana
Revolto de setas
Chocos na súa tinta
SEGUNDOS (a elixir)
Cazola Pingallo
Lubina a prancha ou o forno
Entrecosto de tenreira
Tenreira asada
Chuletón
Postre, viño, augua e café

27.10.08

Pisando as primeiras neves en Ubiña

De novo fomos a visitar un dos macizos máis queridos e que nos dan máis xogo pola súa proximidade e polibilidades. Desde Torrebarrio partimos buscando a comodidade do recentemente inaugurado refuxio do Meicín. De camiño fixemos unha paradiña en Peña Cerreos donde comprobamos as marcas que aínda quedan da guerra civil. Dende as trincheiras desta cima seguramente se defendía o paso "non autorizado" polo collado Terreros.


O domingo partimos cedo cara a Forqueta do Portillín con un día explendido e a enerxía das fabes. Pisamos as primeiras neves que resistían as altas temperaturas no natural refrixerador de Cueva Palacios.


As inquedantes vistas da arista convenceron a uns poucos incautos de que "o Crestón pode esperar" pero aínda quedou tempo de visitar os Fontanes e o Prau Fontán para baixar ó asfalto e a rutina apremiados polo cambio horario.



Máis fotos AQUÍ

23.10.08

Camiseta X Semana Audiovisual

Camiseta conmemorativa

X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

Estamos a facer unha camiseta conmemorativa do 10º aniversario da Semana Audiovisual, será unha tirada limitada polo que si estas interesado apúntate na secretaría do club. Tes ata o día 7.11.08.

Anverso

Sobre fondo negro número 10 en nº romamo e de cor amarelo, sobreimpresionado "Semana Audiovisual Club Alpino" en cor naranxa.(foto inicio)

Reverso

Sobre fondo negro un texto no que figuran os nomes de todos os participantes destas 10 edcións da Semana Audiovisual en cor amarelo.


O prezo da camiseta será de 10 € aproximadamente. Mais información no local social.


22.10.08

X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

X Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán
Un ano mais presentamos as Xornadas Audiovisuais Club Alpino Ourensàn, xa estamos na décima edición, en colaboración co Outono Fotográfico da Casa da Xuventude e Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban. Dende hai 10 anos esta festa da imaxe que ven a ser o Outono Fotográfico confía na nosa entidade para levar a cabo a faceta audiovisual do certame e ano a ano tentamos de preparar un programa de proxeccións que esperte o interese do público en xeral e dos nosos socios en particular. Seguindo este xeito de traballo este ano dous socios do club contarannos as súas aventuras, J. Moldes no McKinley e Manu Veiga por distintas paredes da península, e contaremos coa presenza de Jesús Calleja de todos coñecido polo seu programa “Desafío Extremo” na cadea de televisión Cuatro.
Polo tanto a Xunta Directiva e Presidente invitámosvos a X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán a celebrar os días 19, 20 e 21 as 20:00 horas do vindeiro mes de novembro do presente ano no Centro Cultural Deputación de Ourense, rúa Progreso, 30, de Ourense, dentro das actividades do Outono Fotogràfico e en colaboración coa Fundación Florencio Álvarez y Mª Teresa Esteban.
A continuación presentámosvos o programa e cartel do que será a X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán.

PROGRAMA X SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

19 DE NOVEMBRO
"Recuerdo de Alaska" por Javier Moldes Magdalena.
Ascensión ao Denali (McKinley) en Xuño de 2008 levada a cabo pola expedición J-2, formada polo leones Javier Fernández López do Club de Montaña Yordas e Javier Moldes Magdalena do Club Alpino Ourensán.

Javier Moldes Magdalena, Pontevedra 1967. Socio do Club Alpino Ourensán dende 1.998. Practica trekking, escalada nas súas diversas modalidades, espeleoloxía e alpinismo, con ascensións realizadas en España (Macizos Montañosos Galegos e Leoneses, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Serra Nevada, Pirineos) e no estranxeiro (Pirineo Francés, Alpes Franceses, Alpes Suízos, Ecrins, Ecuador e Alaska).

20 DE NOVEMBRO
"O noso terreo de xogo: selección de escaladas" por Manuel Veiga Rial.
Percorreranse algúns dos macizos e montañas máis significativas da xeografía peninsular, dende o punto de vista da escalada clásica ou de parede. Para elo, amosaranse varias escaladas de dificultade por algunhas das paredes máis coñecidas no eido montañeiro.

Manuel Veiga Rial
, Epsom (Inglaterra) 1971.Tén feitas máis de 100 escaladas de corte clásico ou de parede, tanto en xeo, roca ou mixto. Principalmente nos macizos peninsulares, nos Alpes e tamén en Marrocos.

21 DE NOVEMBRO
“Lhotse 8.516 m.” Por Jesús Calleja.
O Lhotse é a cuarta montaña mais alta do mundo. Nesta proxección Jesús Calleja, protagonista do programa “DESAFIO EXTREMO” da cadea de televisión CUATRO, móstranos a súa ascensión, sendo o único español en chegar a cima, no 50 aniversario da súa primeira ascensión, traballando moi duro en equipar a ruta, usando sómente unha botella de osíxeno, e escalando dende o campo IV (7.900 m.) ate a cima e descendendo ao campo base (3.500 m.), en tan só 15 horas e 50 minutos (o normal son tres días), posiblemente record mundial. Fixo cima en solitario o día 12 de maio de 2006.

Jesús Calleja, León 1965.
As súas facetas deportivas son variadas, dende a bicicleta de montaña ou o MotoCross, onde ten participado en carreiras e longas travesías por diferentes continentes, o submarinismo mergullando en practicamente tódolos mares do mundo, a aviación sendo piloto privado de avionetas monomotor (licenza homologada internacionalmente JJAR), escalada onde domina tódalas técnicas do alpinismo (artificial, escalada libre, alpinismo, oitomilismo, roca, xeo, cascadas, corredores, etc...)
En escalada en roca destacaría as 5 diferentes rutas, incluída a exposta ruta “directísima” sobre a mítica cara oeste do Pico Urriello, considerada unha das grandes paredes verticais do mundo.
Ten viaxado incansablemente, dende os 18 anos, a través de diferentes países por todo o mundo practicando os deportes que domino, aínda que destacaría as escaladas feitas en España que é onde ten alcanzado a máxima dificultade técnica, tanto en roca como en xeo.
Tamén cabe subliñar as súas 34 expedicións ao Himalaia, onde ten escalado picos de 6.000, 7.000 e 8.000 metros, incluíndo o Monte Everest. Nos últimos anos, ten pasado a ser ben coñecido grazas ao programa da cadea de televisión CUATRO “DESAFIO EXTREMO”, que semana a semana nárranos as súas aventuras ao largo e ancho do planeta.

21.10.08

VIII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán


1º premio para Angel Barrio Alonso por “Caminar sobre las olas”

VIII Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán

Xa temos os resultados da oitava edición do concurso fotográfico do club. O Xurado quedou convocado o pasado día 3 de outubro no local social para resolver o concurso decidindo os traballos gañadores de entre as cincuenta obras presentadas. O Xurado estivo composto por Agustín Villaverde como gañador da anterior edición do concurso, Ignacio Rafael como representante da Xunta Directiva e Victoria Peña-Rey como iniciada no mundo da fotografía e socia do club.

- Estes foron os participantes:

Tino Taín, Eloisa González, Elías Rodríguez, Gonzalo Domínguez, Nando Feijoo, María Dolores Redondo, Lucía Feijoo, Lidia Daquinta, Pedro Seoane, María D. Cid, Joaquín Dobarrio, Manuel Fernández, Angel Barrio, Mar Pallás, Isabel Muñoz.

- E estes foron os gañadores que figuran na acta redactada polo xurado:

1º premio para Angel Barrio Alonso por “Caminar sobre las olas”
2º premio para Tino Taín por “200 km. Caminando y el Cervino”
3º premio para Gonzalo Dominguez por “Adaptación”
A maiores o xurado decidiu conceder dous accésit pola valía dos traballos a:
Accesit para Eloisa Gonzalez por “Soedade”
Accesit para María Dolores Redondo por “Mostallar”


A Xunta Directiva correspondeulle elexir, de entre os traballos presentados, a foto para o premio "Foto Club Alpino Ourensán". Reunidos o luns 6.10.2008 deuse por gañadora a foto presentada por Lidia Daquinta titulada "Ubiña"

Dar as grazas a todos por participar e recordarlles que en novembro poden recoller no club o catálogo do Outono Fotográfico 08 como agasallo. Os traballos estarán expostos no Liceo do 15 ata o 30 de novembro dentro das exposicións do Outono Fotográfico.
E por suposto felicitar o flamantes gañadores da edición 2008 do concurso fotográfico Club Alpino Ourensán.


2º premio para Tino Taín por “200 km. Caminando y el Cervino”




3º premio para Gonzalo Dominguez por “Adaptación”

Accesit para María Dolores Redondo por “Mostallar”



Accesit para Eloisa Gonzalez por “Soedade”


Premio Club Alpino para Lidia Daquinta por "Ubiña"



19.10.08

Crestón II



CRESTÓN DEL PASU MALU

25 e 26 de outubro

Rescatamos esta actividade que quedou pendiente do mes de xullo. Achegarémonos ata o Crestón do Pasu Malu desde o Prau pasando polos Fontanes. Explicaremos as técnicas de corda na progresión por crestas e retomaremos o contacto coa sensación de patio. A cresta ten pasos de II e algún illado de III.

Durmiremos no chozo dos Llanos del Fontán ou vivaquearemos pola zona si está ocupado.


Data: 25 e 26 de outubro

Hora: 10:00
Punto de encontro: Local social

O que se precisa:

Vestimenta e botas de montaña.
Saco e funda de vivac, aislante.
Víveres.
Casco, arnés e unha corda (de uso en simple ou doble a poder ser curta, chega con uns 30 metros) para cada dúas persoas. Descendedor e 3 ou 4 mosquetóns.
Algunha cinta / cordino largos.

Dificultade : A cresta pódese facer sen corda pero nós progresaremos encordados para ver as técnicas que podemos usar neste tipo de tereno.

8.10.08

Sendeirismo - Forcarei

19.10.2008
PR-G 100 - Mosteiro de Aciveiro - Forcarei

Aproveitando a amable invitación do Concello de Forcarei, a FGM convoca a todolos clubs de Galicia a unha xuntanza de sendeiristas. Faremos unha xuntanza de sendeiristas ás 10 da mañán no Mosteiro de Aciveiro. A actividade constará dunha saída polo sendeiro PR-G 100, cun desvío para subir ata o cumio do Candán. Proseguiráse polo sendeiro e, ó remate, o Concello nos agasallará cunha festa. Dende o noso club estamos a organizarnos para asistir. Informate

Carta remitida polo concello de Forcarei - Pontevedra:

Estimados/as compañeiros/as:
Dende o Concello de Forcarei queremos levar adiante un proxecto no que TODOS os Clubes de Montañismo Galegos se xunten no noso concello para facer todos xuntos o roteiro recentemente homologado PR-G 100 , que discorre o traveso da Serra do Candán , intregada a nesma na Rede Natura 2000.
Temos a teima de que sexa o noso Concello quen a organice, pois queremos facer honra do nome da nosa comarca, TERRA DE MONTES, posto que a vinculación das xentes de aquí coa montaña e moito máis que a simple denominación da Comarca.
Ademáis outro dos obxetivos é dar a coñecer e promocionar o mundo do sendeirismo como un medio para a conservación do noso patrimonio natural , tantas veces esquecido e derramado. Ademáis dar a coñecer ao público en xeral este mundo para que cada vez sexan máis os practicantes deste deporte.
Para levar a cabo esta Xuntanza de Sendeiristas Galegos , poñemonos en contacto con vos como Federación que engloba aos diferente clubes galegos para poñer unha data óptima para a realización da mesma.
En resumo, queremos que ese día sexa un día festivo para todo o sendeirismo galego, no que o Concello de Forcarei non escatimará traballo para que sexa unha xornada inesquecible para todos.
Ademáis do roteiro tense pensado facer unha " festa ao remate " e entrega de diplomas.
Aproveito a ocasión para enviavos un cordial saúdo,
Atentamente,
Mario López Payo
Técnico Turismo do Concello de Forcarei.

Os datos
Lugar:
Concello de Forcarei - PontevedraPR-G 100 - Mosteiro de Aciveiro
Data:
19 de outubro de 2008
Prazas:
Ilimitadas, pero de obrigada inscrición previa para a boa organización do Concello, que fará un agasallo culinario ós asistentes


6.10.08

Actividades Infantiles - Bicicleta

12.10.08

Paseo do Miño

Ruta de bicicleta pola marxen do Miño seguindo o paseo, pensada para os pequenos con unhos 10 km. de percorrido e con parada nas termas de Outariz para que os que queiran peguen un baño. O ritmo será baixo e tranquilo e para os maís intrépidos teremos preparadas alterntivas para que queimen perna.


Os Datos


Data: 12.10.08

Hora: As 10:30 dende o Pabillón dos Remedios

Material: Bicicleta, casco, bañador, chancletas e toalla para pegar un baño nas termas.






5.10.08

Mapa das saídas de Montaña

Experimentando cos mapas de Google e botando man do arquivo fotográfico estiven currando nun mapita coas saídas de montaña que levamos feito e aquí está o resultado... (recomendado pinchar en ver mapa más grande)




Ver mapa más grande

As saídas que fagamos a partir de agora iremolas incluíndo tamén neste mesmo mapa para que poidamos ver o que levamos camiñado.

Nota: A lista de socios das saídas está feita un pouco de memoria e tirando de fotos asi que pode faltar xente.

Deixovos ademáis este enlace a unha galería con fotos de casi todas as saídas e que se irá actualizando regularmente.

3.10.08

Orientación-Iniciación Básica

Iniciación básica a orientación
11 de outubro e 9 de novembro

Actividade de orientación plantexada en 2 fases. O día 11 de outubro parte maiormente teórica a impartir en Coles e o día 9 de novembro a parte práctica a celebrar en Manzaneda coincidindo co fin de semana do magosto social e contando coa colaboración da seción de orientación para balizar un percorrido. Maís información no local social.

1.10.08

BTT - San Mamede

BTT San Mamede
05-10-08
Despois de sufrir na pasada actividade de btt polo Macizo de Trevinca toca ahora unha actividade un tanto mais pausada na Serra de San Mamede, por un percorrido que parte de Arnuide percorreremos a serra a media ladeira por pistas ben definidas e desniveis progresivos sen grandes atrancos que precisen forzar o "golpe de riñón".
OS DATOS
Data: 05.10.08
Hora: 09:00 horas dende o local social
Dificultade: Media
Material: Roupa axeitada e de abrigo, bebida e repostos para a bicicleta.
Mais información no local social o venres 3 de 19:30 a 21:30 horas