31.1.10

Sendeirismo en O Xurés

SENDEIRISMO
O Xurès
06.02.2010

Actividade de sendeirismo o vindeiro sábado na Serra do Xurés tendo como referencia da ruta o Rio Fecha.
Actividade de baixa dificultade con ida e volta dende Ourense no mesmo día.
Saida dende o local social as 09:00 horas.
Apuntarse no local social con antelación suficiente.
Mais información no local social.

NOTA: É necesario estar federado para participar en calqueira das actividades do club.

24.1.10

Noticias


------------------------------------------------------------------------------------------


CONVOCATORIA

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2009

A celebrar no local social do Club Alpino Ourensán sito na rúa Bedoya Nº 4, Local 9 en Ourense o venres 29 de xaneiro de 2009 ás 20:00, en primeira convocatoria e ás 20:30, en segunda convocatoria.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria, en cumprimento do artigo 11.1 dos estatutos do club:

11.1- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario, previa convocatoria do Presidente, ó menos unha vez ó ano para tratar das seguintes cuestións:

ORDE DO DÍA

11.1.1- Memoria, liquidación do presuposto, balance do exercicio, rendición de contas e aprobación se procede.

11.1.2- Presuposto para o seguinte exercicio.

11.1.3- Proxecto e propostas do Presidente ou da Xunta Directiva.

11.1.4- Proposicións que formulen os socios e que terán de ir asinadas ó menos,polo cinco por cento dos mesmos.


-----------------------------------------------------------------------------------------------

ACTIVIDADES INFANTILES 2010

Levamos dous anos traballando cos nenos do club de xeito continuado e agora no comezo de ano toca facer un novo calendario de actividades. Dende a Xunta Directiva queremos que sexa un calendario do maior interese posible e no que os pais aporten ideas. Por iso convocamos unha xuntanza no local social o día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas e así entre todos poder elaborar un programa de actividades atractivo.

¡Lembra! O día 27 de xaneiro, mércores, a partir das 20:00 horas no local social


13.1.10

Prácticas en Trevinca


MONTAÑA INVERNAL EN MACIZO DE TREVINCA
30 e 31 de xaneiro


Achegarémonos ata o macizo de Trevinca desde Sanabria para practicar as técnicas invenais. Camiñar con crampóns, uso do piolet, aseguramentos puntuais na neve. Interesante actividade para os socios que van viaxar ó Atlas en Semana Santa pero aberta a todo o mundo. Pernocta no refuxio da Agrupación Montañera Zamorana en San Martin de Castañeda.

Os datos
DATA: 30 e 31 de xaneiro
HORA: 09:00
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, chaqueta impermeable, , piolet, crampóns, arnés, casco, saco de durmir e comida de ataque

12.1.10

Actividades 1º trimestre 2010



XANEIRO 10

23 de xaneiro

SENDEIRISMO / Ourense-Os Peares

24 de xaneiro

TRAIL / CROSS POPULAR DE BOBORÁS

30-31 xaneiro

MONTAÑA / Práctica de técnicas invernales en Trevinca (acceso desde Sanabria)

FEBREIRO 10

06 de febreiro

SENDEIRISMO / Serra do Xurés

07 de febereiro

BTT / Ourense-Esgos

13 de febreiro

ESPELEOLOXÍA / Corrnatel – O Bierzo

20 de febreiro

SENDEIRISMO / Transourensán 2ª Etapa (San Lourenzo-Montederramo)

20-21 febreiro

MONTAÑA / Pico Montihuero (2.187 m.) La Babia-León

MARZO 10

13 de marzo

SENDEIRISMO / Parque natural de Montesinhos (Portugal)

14 de marzo

TRAIL / Carrera de montaña Alto Sil / Santa Cruz, El Bierzo

21 de marzo

BTT / Ourense-Monte Meda

28/03 - 02/04

MONTAÑA / Atlas Marruecos


As datas e lugares das actividades poderán estar suxeitos a cambios de última hora. Informarase no club e a través do blogue