SOLEADO SAN ISIDRO!!! (24 e 25 de marzo)
Alá fomos 17 persoas, catro delas monitores: Antón, Quico, Tato e Ana. Os restantes, algúns xa expertos, outros medio iniciados pero a maioría novos no que á alta montaña invernal se refire.
Tivemos sorte co tempo e coa montaña. Primeiro día era nuboso e ameazante, pero saimos en fila india con raquetas e o Tato con esquís a través do Val de Wamba e fixemos cume na evocadora “Peña del Viento” (2000 m.). Tras oito horas, e coas greñas conxeladas esperaban por nós no refuxio do Club Torrecerredo, Ramón o guarda e a súa muller Ana (encantadores).
O domingo amaneceu esplendoroso. En frente esperábamos o Pico Torres (2107 m.). Con nós un grupo de socios deseosos e ansiosos tras o primeiro día de volver a facer montaña. Á base do Pico chegamos todos, fixemos dous grupos: uns foron con Antón a facer prácticas de autodetención, encordamento, nudos, ramaseo e un longo etc…Os demáis continuamos facendo un rodeo hacia á cara norte para dende alí atacalo cume. Foi a parte máis técnica pois pasamos por zonas bastante expostas e de forte pendiente e incluso tivemos unha pequena trepada. Para baixar por ese sitio puxemos unha corda e case todos se estrenaron co “pruxik” para baixar.
Todos usaron raquetas, piolets, case todos os crampóns. Os que non sabían aprenderon como na mochila invernal hai que levar case de todo etc…pero por riba de todo TODOS disfrutamos moito da montaña. Regresamos contentos porque creemos cumplido o obxectivo de crear aficción. Así que benvidos ós novos e novas montañeiras.
Verémonos en Ubiña o 28 e 29 de abril. Ide preparando unha boa mochila de porteo porque dormiremos arriba na alta montaña.
Saudos