30.12.06

Houbo que volver

O Mampodre soubonos a pouco e tivemos que volver buscando algún corredorcito no que abusar da ferralla e a poliamida para dibuxar elegantes liñas de acceso a algún privilexieado mirador daquelas vastas paisaxes.

Macutos desproporcionados acompañaron a nosa visita ás cicatrices da Polinosa. O branco manto non presentaba condicións e a orgullosa dona non nos deixou enredar entre os pregues da súa saia. Mais non desesperamos no noso intento de ollar os vales desde a perspectiva da fermosa señora e subimos paseniño polo súa silueta. O Valcerrao, vértebra e embigo dos Mampodres tamén chamou a nosa atención e aló fomos. Quixemos ademais volver a aquel mítico collado - si Pedro, o dos ventos afuracanados, moi mítico e agora máis hospitalario-.


De vez en cando mirabamos cara oriente buscando no horizonte a tres paisanos en camello que disque están chegando por ese lado, máis solo se nos ía a mirada para aquela estilizada e solitaria "señora montaña" que non puidemos marchar sen visitar. A cara norte do Espigüete fixo bos todos os porteos innecesarios deses pinchos tantas veces inútiles. ¡Señora Montaña! Solitaria, esvelta polo seu flanco, enorme e xélida polo norte, de branca pel suave (moi suave, esvaradiza diría eu!). Preciosa.


-E mañá que facemos Joe.
-Pois podíamos durmir en Collado Jermoso.
-Pois si.
-Pois vamos.

E fomos por Asotín, Solano e Congosto. Faiedos, collados e canales que se vían borrosas, escuras, na lembranza do Joe. Novas para mín. E divisamos aquel faro, luz dos navegantes dos Picos, esperanza de montañeiros embarcados en tardías ascensións, ejem... ejem... Refuxio de refuxios, alpino, estremecedor ó pe da Palanca e o Llambrión. Escalofriante polo sur. Fantástico polos catro costados. Gracias señor Mella. Gracias Maldonado, Pemán e Montesdeoca.



Que veña bo o 2007. Saúdos dos rebecos de Verín.

27.12.06

mampodre





20.12.06

Cambios en el blog

Como podeis ver hay algunos cambios que mejoran el uso del blog.

Principalmente cambia el sistema de archivos, que ahora permite moverse por el índice desplegando meses o años para buscar una entrada, y ahora también se pueden etiquetar las entradas, lo que facilita la busqueda por temas.

A los colaboradores:
  • Seguramente tendreis que actualizar vuestra cuenta con Google, en principio os aparecerán los pasos a seguir cuando querais acceder al blog para publicar. Si os encontrais con problemas que no podais resolver mandar un correo a webalpino@arrakis.es y trateremos de solucionarlo.
  • Ahora al editar una entrada ademas de la casilla del título (que es conveniente escribir siempre, es el que va al índice) aparece otra denominada "etiqueta" que también conviene cumplimentar pues define el tema del artículo.
  • Para no complicar excesivamente la clasificación no deberían usarse más etiquetas que las imprescindibles y que a fin de cuentas son las actividades que desarrollamos de forma genérica (BTT, Montaña, Senderismo, Escalada, Espeleología, etc. y, de momento, Información y Fotos). Ya iremos viendo como va.
Esperemos que la adaptación al nuevo blog sea facil.
Saludos.

18.12.06

Calendario 2007 Club Alpino


CALENDARIO CLUB ALPINO 2007
Os gastos deste ano 2006 feitos polo club (obras no refuxio, Semana Audiovisual, o Cairn, a compra de material e outros moitos) levaron a Xunta Directiva a editar un calendario para tentar de recaudar unhos poucos cartos para compensar a balanza de ingresos/gastos. Así presentamos o "Calendario Club Alpino 2007" que consta dunha foto de 38 x 24 cm. en papel de calidade ( premiada no concurso fotográfico club) co nome/escudo do club impreso e unha faldiña co calendario propiamente dito.
O coste da unidade foi de 1,50 euros polo que o imos a cobrar a 3 euros para poder recaudar algúns cartos. Dispomos de 300 calendarios polo que si estades interesados en colaborar pasade polo local social que xa están a venta. Un saudo.

13.12.06

Rutas en el Mampodre-Maraña

subida a la laguna
subida al Mampodre
GR11
subida al collado
vista general,

MAMPODRE 2















no me pude resistir y tuve que poner un par de fotitos de la principal protagonista.

10.12.06

29.11.06

Macizo do Mampodre

Con permiso del Sr. Elias y Sr. Novo, voy colgar unos fotos del Macizo para que se nos vaya haciendo la boca agua, un saudo

28.11.06

BTT Tempada de inverno

Os fríos e neves do inverno fannos pensar mais no esquí e no xeo que en grandes aventuras en bici. É por iso que nos parece mais axeitado deixar os recorridos mais ambiciosos para a vindeira primavera. Agora ben se queredes evitar que se vos enferruxen os xeonllos e os buxes non estaría mal sair de cando en vez a dar unha voltiña arredor diste noso Ourense. Carlos Peggy e mais eu tentaremos sair a meirande parte dos domingos pola mañanciña, así que non dubidedes en poñervos en contacto con nós para quedar.

Por certo este domingo votamos en falla a unha morea de xente ¿resaca da troula do venres?

Un saúdo.

CENA CLUB ALPINO 2006 - Serie 5

SERIE 5 - Si Pitágoras non era un cachondo...
Si Pitágoras non era un cachondo dous mais dous son cuatro, ou o que é o mesmo, si o discurrir do tempo é directamente proporcional o consumo de brebaxes espirituais entonces...


27.11.06

CENA CLUB ALPINO 2006 - Serie 4

SERIE 4 - ¡Exaltación da amistade!
As primeiras consecuencias deste tipo de celebracións, xunto coa compañia do viño, ven a ser a chamada exaltación da amistade...

26.11.06

CENA CLUB ALPINO 2006 - Serie 3

SERIE 3 - Os candidatos
Os aspirantes a "vocalía de festexos" atoparon na cena o marco ideal para promocinar as súas candidaturas e non repararon en esforzos e promesas para lograr o favor dos presentes...





CENA CLUB ALPINO 2006 - Serie 2

SERIE 2 - Los "fondo sur"
Fondo mesa 4

Fondo mesa 3 e 4

Fondo mesa 2 e 3
Fondo mesa 1

CENA CLUB ALPINO 2006 - Serie 1

SERIE 1 - Visión xeral dos comensales
Mesa 1
Mesa 2
Mesa 3 Mesa 4