25.8.09

Peña Santa de Castilla

Peña Santa de Castilla

4,5 e 6 de setembro

Seguramente unha das montañas máis inaccesibles dos Picos de Europa e que tal vez por iso siga conservando un encanto especial. Raíña indiscutible do Cornión. O acceso á sua cima non é sinxelo por ningunha das súas vertentes, sendo a parede sur obxectivo dos máis avezados escaladores. Polo norte unha marcada canal e a ruta máis asequible para acceder ó fenomenal mirador que representa esta quilométrica mole de caliza. Esta será a ruta que seguiremos.
Partiremos dos Lagos de Covadonga para pernoctar no refuxio de Vegarredonda desde donde o sábado nos achegaremos á parede norte da Peña. De camiño pasaremos polos maxestuosos Jous deste macizo.
O domingo, despois de volver a pernoctar en Vegarredonda, faremos unha pequena ruta para poder regresar a unha hora decente á casiña.


Os datos
DATA: 4,5 e 6 de setembro
HORA: 15:00 horas
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, casco, arnés, descendedor, comida de ataque.
No refuxio hay mantas e sirven comidas. Pódese levar un saco sábana.

LÍMITE DE PRAZAS: A ruta non e moi esixente técnicamente (pasos de III+) pero non está exenta de riscos como a caída de pedras, sobre todo tratándose dun grupo numeroso. Polo tanto poderase limitar o número de persoas para garantizar na medida do posible a seguridade dos participantes. Apuntádevos canto antes.

PARA APUNTARSE: Xa que a sede do club estará pechada estes días debedes apuntarvos chamándome por teléfono (Ángel).

ATENCIÓN: Despois de falar co garda do refuxio de Vegarredonda para reservar sitio para durmir resulta que o venres si poderemos pernoctar pero para o sábado está todo ocupado polo que será necesario subir material para vivaquear.