18.12.06

Calendario 2007 Club Alpino


CALENDARIO CLUB ALPINO 2007
Os gastos deste ano 2006 feitos polo club (obras no refuxio, Semana Audiovisual, o Cairn, a compra de material e outros moitos) levaron a Xunta Directiva a editar un calendario para tentar de recaudar unhos poucos cartos para compensar a balanza de ingresos/gastos. Así presentamos o "Calendario Club Alpino 2007" que consta dunha foto de 38 x 24 cm. en papel de calidade ( premiada no concurso fotográfico club) co nome/escudo do club impreso e unha faldiña co calendario propiamente dito.
O coste da unidade foi de 1,50 euros polo que o imos a cobrar a 3 euros para poder recaudar algúns cartos. Dispomos de 300 calendarios polo que si estades interesados en colaborar pasade polo local social que xa están a venta. Un saudo.

No hay comentarios: