30.9.08

Tiatordos e Gilbo


O Tiatordos tivo bastante poder de convocatoria. A todos lles sonaba ese nome. Algúns miramos moitas veces desde o cornión esa magnífica parede cortada de medio kilómetro e andabamos dañados por achegarnos a este pico. Sorprendeunos un pouco a "masificación" da ruta, pois este pico e emblemático para os asturianos e visitano regularmente moitos montañeiros.


Tiñamos ademais o aliciente desa pequena agulla que invita a cargar con cordas e mosquetóns durante un bo treito para poder coronala. O programa era apretado e fomos un pouco contra reloxo para acometer a ascensión do pico e a escalada do "Fusu la Muyer".


Para o domingo conviña unha actividade máis curta por aquilo de non estresarse demasiado e chegar á casiña con algo de tempo. O Gilbo estaba pendiente. Foi unha ascensión curta pero moi entretida e con magníficas vistas sobre o pantano e a pequena vila de Riaño.

3 comentarios:

GatoConBotas dijo...

Esa aguja rocosa tiene muy buena pinta. ¿Teneis mas fotos de la misma para compartirlas?

Gracias

csi dijo...

En este enlace hai alguna foto más

http://picasaweb.google.es/angelbarrioalonso/Tiatordos#

GatoConBotas dijo...

Gracias por el enlace a la galeria, es verdad las imagenes son impresionantes. Lamento no haber podido ir. Confio en poder vernos en Ubiña.