22.10.08

X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán

X Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán
Un ano mais presentamos as Xornadas Audiovisuais Club Alpino Ourensàn, xa estamos na décima edición, en colaboración co Outono Fotográfico da Casa da Xuventude e Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban. Dende hai 10 anos esta festa da imaxe que ven a ser o Outono Fotográfico confía na nosa entidade para levar a cabo a faceta audiovisual do certame e ano a ano tentamos de preparar un programa de proxeccións que esperte o interese do público en xeral e dos nosos socios en particular. Seguindo este xeito de traballo este ano dous socios do club contarannos as súas aventuras, J. Moldes no McKinley e Manu Veiga por distintas paredes da península, e contaremos coa presenza de Jesús Calleja de todos coñecido polo seu programa “Desafío Extremo” na cadea de televisión Cuatro.
Polo tanto a Xunta Directiva e Presidente invitámosvos a X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán a celebrar os días 19, 20 e 21 as 20:00 horas do vindeiro mes de novembro do presente ano no Centro Cultural Deputación de Ourense, rúa Progreso, 30, de Ourense, dentro das actividades do Outono Fotogràfico e en colaboración coa Fundación Florencio Álvarez y Mª Teresa Esteban.
A continuación presentámosvos o programa e cartel do que será a X Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán.

PROGRAMA X SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN

19 DE NOVEMBRO
"Recuerdo de Alaska" por Javier Moldes Magdalena.
Ascensión ao Denali (McKinley) en Xuño de 2008 levada a cabo pola expedición J-2, formada polo leones Javier Fernández López do Club de Montaña Yordas e Javier Moldes Magdalena do Club Alpino Ourensán.

Javier Moldes Magdalena, Pontevedra 1967. Socio do Club Alpino Ourensán dende 1.998. Practica trekking, escalada nas súas diversas modalidades, espeleoloxía e alpinismo, con ascensións realizadas en España (Macizos Montañosos Galegos e Leoneses, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central, Serra Nevada, Pirineos) e no estranxeiro (Pirineo Francés, Alpes Franceses, Alpes Suízos, Ecrins, Ecuador e Alaska).

20 DE NOVEMBRO
"O noso terreo de xogo: selección de escaladas" por Manuel Veiga Rial.
Percorreranse algúns dos macizos e montañas máis significativas da xeografía peninsular, dende o punto de vista da escalada clásica ou de parede. Para elo, amosaranse varias escaladas de dificultade por algunhas das paredes máis coñecidas no eido montañeiro.

Manuel Veiga Rial
, Epsom (Inglaterra) 1971.Tén feitas máis de 100 escaladas de corte clásico ou de parede, tanto en xeo, roca ou mixto. Principalmente nos macizos peninsulares, nos Alpes e tamén en Marrocos.

21 DE NOVEMBRO
“Lhotse 8.516 m.” Por Jesús Calleja.
O Lhotse é a cuarta montaña mais alta do mundo. Nesta proxección Jesús Calleja, protagonista do programa “DESAFIO EXTREMO” da cadea de televisión CUATRO, móstranos a súa ascensión, sendo o único español en chegar a cima, no 50 aniversario da súa primeira ascensión, traballando moi duro en equipar a ruta, usando sómente unha botella de osíxeno, e escalando dende o campo IV (7.900 m.) ate a cima e descendendo ao campo base (3.500 m.), en tan só 15 horas e 50 minutos (o normal son tres días), posiblemente record mundial. Fixo cima en solitario o día 12 de maio de 2006.

Jesús Calleja, León 1965.
As súas facetas deportivas son variadas, dende a bicicleta de montaña ou o MotoCross, onde ten participado en carreiras e longas travesías por diferentes continentes, o submarinismo mergullando en practicamente tódolos mares do mundo, a aviación sendo piloto privado de avionetas monomotor (licenza homologada internacionalmente JJAR), escalada onde domina tódalas técnicas do alpinismo (artificial, escalada libre, alpinismo, oitomilismo, roca, xeo, cascadas, corredores, etc...)
En escalada en roca destacaría as 5 diferentes rutas, incluída a exposta ruta “directísima” sobre a mítica cara oeste do Pico Urriello, considerada unha das grandes paredes verticais do mundo.
Ten viaxado incansablemente, dende os 18 anos, a través de diferentes países por todo o mundo practicando os deportes que domino, aínda que destacaría as escaladas feitas en España que é onde ten alcanzado a máxima dificultade técnica, tanto en roca como en xeo.
Tamén cabe subliñar as súas 34 expedicións ao Himalaia, onde ten escalado picos de 6.000, 7.000 e 8.000 metros, incluíndo o Monte Everest. Nos últimos anos, ten pasado a ser ben coñecido grazas ao programa da cadea de televisión CUATRO “DESAFIO EXTREMO”, que semana a semana nárranos as súas aventuras ao largo e ancho do planeta.

No hay comentarios: