15.4.09

Curso Iniciaicón a Escalada

III Curso Iniciación a Escalada
¡Aplazado!
Por cubrirse solo o 50% das prazas ofertadas. Os que xa fixeron efectivo o pago da actividade podedes pasar polo club para recoller os cartos. ¡Disculpade as molestias!
En breve comunicaremos a nova data do curso no que terán preferencia os que formalizaron a inscripción neste.
Xa temos data para o terceiro curso de iniciaicón a escalada. Será nos mes de maio a partir do martes día 5.
Estes son os datos:
Curso impartido por técnico cualificado de 12 horas de duración repartidas en 6 días (martes e mércores de cada semana no mes de maio) a 2 horas por día en horario de rocódromo. Resérvanse outros dous días (4ª semana de maio para cubrir posibles eventualidades).
Abrirase unha lista de interesados a partir do mércores día 15 de abril ata cubrir as seis prazas ofertadas para este curso.
O custe do curso é de 30 € por persoa que inclúe monitor, material e documentación. Non inclúe o pase as instalacións. A inscripción non quedará formalizada ata o momento de pagar o importe do curso.
O curso empezará o martes 5 de maio as 19:15 horas. As datas do curso poden estar suxeitas a modificacións.
HORARIO CURSO
Martes de 19:30 a 21:30 horas
Mércores de 20:30 a 22:30 horas

No hay comentarios: