Prácticas en Trevinca
MONTAÑA INVERNAL EN MACIZO DE TREVINCA
30 e 31 de xaneiro
30 e 31 de xaneiro
Achegarémonos ata o macizo de Trevinca desde Sanabria para practicar as técnicas invenais. Camiñar con crampóns, uso do piolet, aseguramentos puntuais na neve. Interesante actividade para os socios que van viaxar ó Atlas en Semana Santa pero aberta a todo o mundo. Pernocta no refuxio da Agrupación Montañera Zamorana en San Martin de Castañeda.
Os datos
DATA: 30 e 31 de xaneiro
HORA: 09:00
LUGAR: Sede social do clube
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña, chaqueta impermeable, , piolet, crampóns, arnés, casco, saco de durmir e comida de ataque
10 comentarios:
Ola amigos,
Os fala o compañeiro portugués, Rui. Pregunto se esta previsto facer algun corredor de xéo e neve na actividad a Peña Trevinca? Teño os pioles afilados e relucentes!!! Eh, eh, eh!!!
Saudos para todos
Ops! Olvidei de dicer que se for para facer algun corredor levo Viño do Porto! Se non, quedo en casa frente a fogueira!
SAUDOS
... por que non recomendar o melhor blog da Internet!?:
http://educator-mons.blogspot.com/
Agora apenas un abrazo para o Pedro.
Hola Rui, canto tempo meu!
Na actividade de Trevinca non imos facer nada complicado porque seremos moooooita xente. Son unhas prácticas con piolet e crampóns para irse afacendo ó terreo invernal. Saúdos.
Perdoa pero, quem se da polo nome de CSI?
Ángel
Estás moito transformado, inspector Ángel!!! Pero te queda bem o cabelo longo.
Un abraso
Ola.
Para os que viñestes esta fin de semán ás prácticas en Trevinca, subín algunhas fotos para que poidades "desfrutar" lembrando o "fresquiño" que fixo :-)
Tendes que pinchar no seguinte enlace:
http://picasaweb.google.com/cordadas/PracticasCoCAMEnTrevincaAccesoDendeSanabria30E31DeXaneiroDe2010?authkey=Gv1sRgCIG24aLd2YHYxwE&feat=email#
Saúdos.
Ricardo
O enlace directo:
Pincha aquí mesmo
Vaia neveiro!!! Pasámolo ben de carayo!!!
Publicar un comentario