5.2.10

Como orientarse en Trevinca no medio da ventisca (31-01-19)?


ORIENTACIÓN EN TREVINCA A FINAIS DE XANEIRO DO 2010


Enviovos o mapa a 1:25000 do I.G.N. (229-III, Vega de Tera) co trazado do percorrido EN VERMELLO realizado o segundo día da actividade do fin de semana pasado.

Foron aproximadamente 6 km ida-volta. Como referencia conductora podía usarse a liña de cumes (CORDAL EN MARRÓN NO MAPA ADXUNTO) ao Oeste do val que subimos, ou tamén o curso do regato que subimos e que alimenta as dúas lagoas.


Coñecendo previamente a zona podíase emprender a camiñada nas condicións que tivemos sen usar búxola. Únicamente tendo como referencias as dúas liñas conductoras (regato e/ou cordal) e un mapa podíase asumir o percorrido sen elevados riscos de perderse, como así foi.


Dentro dun círculo verde aparece a casoupa de pastores medio derruida que hai entremedias das dúas lagoas. Máis ao Norte do final da nosa camiñada (seguindo a liña discontinua) esta o cume de La Plana.
Existe tamén un mapa-guía publicado pola mesma administración a 1:50000 que se chama Lago de Sanabria. Non colle moi ben o lado da Veiga, pero ten unha planimetría excelente no que respecta á representación do relevo.

Un saúdo!


O Xan

4 comentarios:

csi dijo...

Menos mal que por ahí temos andado con mellores condicións e o sitio faise coñecido. Ideal para perderse nesas condicións e o pico La Plana, carente por completo de referencias e moooooi amplio. A meteoroloxía non daba para acometer grandes batallas. Outra vez será.

ocarlitos dijo...

excelente aportación tanto en positivo para non perderse, y tambien en negativo para que lo pensemos dos veces antes de meterse en un fregado de estos.

saudos, vemonos mañá

Unknown dijo...

Podedes mandar o track?????

Xan dijo...

Eu non levaba GPS.