17.3.10

ORIENTACIÓN EN FORGOSELOS (AS PONTES)

Esta fin de semana pasada a nova Sección de Trail-Orientación tivo unha actividade intensa. Por unha banda, varios dos membros desprazaronse ao Alto Sil para participar o domingo nunha carreira por montaña polas terras do oso pardo. Para máis información sobre esta proba podedes entrar na web oficial: http://www.carreraaltosil.com/

O día anterior outros membros da sección participaron na 3ª proba da Liga Galega de Orientación organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros da Coruña e que tivo lugar na Serra de Forgoselos, a carón das Pontes de Garcia Rodríguez. Nesta entrada podedes ver un croquis de acceso ao mapa, así como parte do percorrido 7, en particular o sector máis técnico. Se queredes consultar resultados da proba, podedes mirar a web da AGaCO: http://webagaco.iespana.es/







Forgoselos é o mellor mapa galego desde hai máis de dúas décadas nas que se manten inmutable. O terreo lembra ao dos estupendos mapas de orientación deportiva suecos: Bosque limpo de coníferas con moitos detalles de microrrelevo e poucos camiños. ORIENTACIÓN EN ESTADO PURO!!!


O outro día foi unha gozada correr por alí, a pesar dos destrozos do temporal, atravesando polo medio de manadas de cabalos semisalvaxes, que se xuntan nun curro todos os veráns. Nas proximidades esta o mini-cromlech das Pontes (con recreación en Google Earth), o sendeiro de Grande Percorrido do Medievo, a escola de escalada do Eume (coa Sol de Outono, unha via mítica a carón das máis longas de Galicia no Sector da Xesteira, 300 m de altura),…UN PEQUENO PARAÍSO!!







No hay comentarios: