7.4.11

Chandrexa Trail

Chandrexa Trail

Ímosvos informando que os compoñentes do club Red1 Ourense Trail e do Club Alpino Ourensán imos organizar unha carreira por montaña en Chandrexa de Queixa.

Sabemos fixo que a data será o dia 2 de Outubro do presente ano e a distancia a falta de confirmación serán 25km nos que gozaremos da paisaxe e os carreiros da zona. Tamén terán sitio nesta proba os senderistas cunha ruta de similar distancia.

Levamos xa un tempo traballando nesta carreira e aínda nos quedan moitas cousas por realizar pero en canto teñamos máis información darémosvola de inmediato. Nunhas semanas xa estará dispoñible a páxina da carreira na que podreis seguir os preparativos da proba e todos os datos da mesma.



Carreira por montaña "Chandrexa Trail"
02/10/2011
ORGANIZAN: Rede 1 Ourense Trail e Club Alpino Ourensán
COLABORAN: Concello de Chandrexa de Queixa, Federación Galega de Montañismo, INORDE.

No hay comentarios: