6.7.11

Alpes 2011



Apuntes...

A saída oficial e o día 16 e regreso o día 30 . Si alguén quere
marchar antes ou voltar antes tampouco hai problema. O camping está
entre Randa e Täsch a man esquerda. E un gran prado. Os primeiros que
cheguen que collan un sitio donde poidamos poñer as tendas todos
xuntos.

Sobre equipamento a levar non fai falla nada "especial". Unhas boas
botas, gore tex, cubrepantalón, guantes, gorro, gafas(imprescindible),
polainas. Creo que son cousas que máis ou menos todo o mundo ten.
Interesante un plumas ou forro polar potente. Arriba fai frío cando
saes do refuxio de noite para iniciar a ascensión. No camping nas
horas centrales do día a veces podes estar en bañador. Non vos pasedes
levando roupa. No camping pódese lavar roupa os días que estemos
ociosos.

Material "técnico": Arnés, crampóns, piolet, bastóns, casco, un par de
cordinos de 6mm e un metro e medio, un par de mosquetóns e un
descendedor tipo oito ou reverso. Levaremos algúns tornillos de xeo do
club para completar o equipamento para transitar por glaciar.

Para o camping: Temos que optimizar o tema de cacharrada, hornillos,
etc. ¿Quén vai comer con quén? Poñerse dacordo. Os que teñan pensado
preparar a sua comida no camping e interesante levar hornillos grandes
tipo camping-gas e potas tamén grandes donde se poida facer comida
para 4 ou 5 persoas. Tranquilos que tamén hai pizzerías e restaurantes
para darse algún homenaxe algún día que non apetezca cociñar.

Un tema que nos preocupa e o do espacio nos refuxios polo que habera
que levar algunha tenda de montaña (pequena e lixeira) para durmir si
non hai sitio en algún refuxio. Nestas datas xa empezan a estar a tope
e seremos un grupo bastante grande.

Levar efectivo para cambiar euros por francos suizos. Pódese cambiar
na fronteira e tamén cerca do camping (por exemplo na estación de tren
de Täsch)

Na fronteira hai que pagar a "viñeta" que e unha pegatina que che
poñen no parabrisas para poder circular polas autovías. Son uns 30
euros.


Fotos Actividad de Angel Barrio

Fotos Actividad de Victor Barro

No hay comentarios: