30.11.11

Circular de Ubiña

17-18 de decembro 2011
Circular de Ubiña ascendendo os Fontanes e o peña Cerreos

Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite no refuxio de Torrebarrio.
Sábado: Saida de Villargusán (1km ao sur de Torrebarrio) e ascensión ao Pico Cerreos (2.111m) pola súa arista suroeste.
Descenso até o refuxio do Meicín (1549m) e noite alí.
Domingo: Subida aos Fontanes pola forqueta do Portillín e o Canalón do Buei. Bixada xa ao lado de Torrebarrio polos Llanos del Fontán.

Descrición:
Ruta con forte desnivel na parte dos Fontanes e especialmente no Canalón do Buei e despois na baixada cara a Torrebarrio. O resto moi tendida e con unha moi boa panorámica de boa parte do macizo. O percorrido completo ten un denivel de entre os 1.200 m de Torrebarrio e os 2417 do Fontán Sur (punto máis alto do macizo).
O percorrido é un total de 19 km e 1700m de acumulado pero moi factible facéndoa de forma tranquila en dous días.
Hai auga nos dous refuxios.

Material:
- Saco de durmir.
- Crampons e piolet de travesía.
- Comida para os dous días.

Apuntarse no clube. Canto antes para reservar aloxamento nos refuxios.
Especificade se queredes cea e/ou almorzo no refuxio do Meicín.

--
En este enlace hai fotos, perfil de la ruta, mapa en 3D, hai xente que o curra moito.
Esta é case igual a que queremos facer nos, coa única escepción de que nos saimos de Villargusán en lugar de Torrebarrio, pero o esencial do percorrido é o mesmo.

No hay comentarios: