18.2.12

Montaña - Macizo de MAMPODRE


Macizo de MAMPODRE
25 e 26 de Febreiro


Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite no refuxio de Maraña.
Sábado: Saida desde o propio refuxio e ascensión polo Valle de Valverde até o cumio do macizo: Pico de Santa Cruz con 2190 m. Circular de regreso até Maraña.
Noite no mesmo refuxio.
Domingo: Subida ao pico do Mediodía nunha circular.

Descrición:
Mampodre é un macizo que se eleva até preto de 2200 m ao sur de Picos de Europa. Pouco transitado ao atoparse cerca de Posada de Valdeón ou Oseja de Sajambre, bases para acceder ao parque nacional. Atópase menos masificado e conta coa ventaxa de que o refuxio está a 1250m de altura e nos permite, nun fin de semana, aproveitar ven os días sen ter que facer aproximacións de 3 ou 4 horas como no caso de Picos.

A ruta non ten complicacións técnicas especiais, ainda que a pesar de non superar os 2200 m en ningún caso, presenta un aspecto semellante a montañas de maior altura. O percorrido ten un desnivel aproximado de entre 1000 e 900 metros cada un dos días. O trazado exacto está ainda por definir e iremos informando a vindeira semana.

Hai auga no refuxio.
Compre pensar en levar almorzo e cena.

Material:
- Saco de durmir.
- Crampons e piolet de travesía.
- Comida para os dous días.

Apuntarse no clube. Canto antes para reservar aloxamento no refuxio.

No hay comentarios: