8.6.12

Picos de Europa :: URRIELLU


23-24 de Xuño :: PICOS DE EUROPA :: Urriellu


Plan:
O Urriellu é sen dúbida a cumbre máis emplemática da cordillera Cantábrica. Unha ascensión mítica para calquera amante da montaña.

Cos seus 2.500 m o Naranjo de Bulnes conta con unha longuísima lista de míticas ascensións e case todos os grandes escaladores do mundo estiveron colgados da súa cara oeste.

Despois das prácticas no Peña Pincuejo e en Peñas del Prado o pasado més, a idea é, como sabedes, afrontar a ascensión ao Picu no fin de semana do 23 e 24 de xuño.

Venres:
- Saida de Ourense e chegada a Collado Pandévano.
(chegada en vehículo desde Poncebos e antes de Sotres a dereita ascende unha pista até o aparcadoiro de Pandévano. Dende aquí 2h30min a pé até o refuxio do Urriellu) http://maps.google.es/?ll=43.236074,-4.758539&spn=0.033517,0.084543&t=p&z=14
O ideal sería subir até o refuxio do Urriellu e durmir ao pe en tenda de campaña ou vivac.
Para os que o prefirades, a opción é durmir en Collado Pandévano e subir ao refuxio pola mañá do sábado.
Sábado: 
- Pola mañá, saida de cada cordada dende o Refuxio do Urriellu. Horario por definir ainda, en función de cando poidades chegar cada un de vos.
Domingo:
-Algun pico rapido para volver para Ourense pola tarde.

Esta é unha gran oportunidade para poder ascender o Naranjo, para o que pedimos ter uns coñecementos mínimos imprescindibles:
- Boa condición física.
- Escalar habitualmente e ser capaz de facer un V+  en deportiva.
- Ter participado na xornada de escalada do fin de semana do 12-13 de Maio ou ter coñecementos demostrables do falado na xornada formativa.
- Teñen preferencia os que non teñen subido xa o Urriellu ou non practican escalada de autoprotección

Material necesario:
Casco, gatos, arnes, descendedor, mosquetóns de seguro, cabo de anclaxe e cordinos de machard. Tamén saco de durmir para o refuxio.

Organizan:
Lucas Rodriguez e Víctor Barro.
Coa axuda inestimable de Richard, Manu, Joaquin, Ernesto e Pedro entre outros.
Para calquera dúbida, mail de contacto: vbarro@gmail.com

IMPORTANTE: 
1.- Fixaremos os horarios de saida desde o Refuxio do Urriellu.
2.- Contamos coa xente que xa estábades inscritos. Se non vides, por favor facédonolo saber. 
3.- Fixaremos o prezo da actividade tendo en conta que precisamos un monitor por cada cordada, o cal vai a encarecer un pouco a actividade seguindo os criterios que ten habitualmente o clube. Agardamos que o entendades, vos manteremos informadas-os.
4.- Vos enviaremos un mail ao longo da semana para organizar o tema das comidas, durmidas, coches e cordadas.

No hay comentarios: