14.8.12

XLV CAMPAMENTO GALEGO DE ESPELEOLOXÍA



XLV CAMPAMENTO GALEGO DE
ESPELEOLOXÍA
GES CAM CLUB ALPINO OURENSÁN - FGE
DATAS: 18-19 Agosto 2012
LUGAR: O Caurel - Lugo

PRESENTACIÓN
O GESCAM - Club Alpino Ourensán
organiza, conxuntamente coa Federación Galega de
Espeleoloxía, a presente edición 2012 do campamento
galego de espeleoloxía, evento este o cal invitamos a
todos os espeleólogos/as galegos.
A zona escollida polo noso club para esta
actividade en concreto, na que se trata de continuar
coa correcta xeolocalización das cavidades da nosa
comunidade, lévanos a terras llucenses onde
pensamos que todos podemos disfrutar de unha
variedade de covas accesíbeis para todos os niveis.
Dende a organización estamos a traballar para
que estas xornadas sexan do agrado de todos e
confiamos en poder facelo deste xeito. O seguinte
paso correspóndevos a vos. Póndevos en contacto co
voso club para confeccionar a lista de participantes e
así por en marcha o evento. Facédeo con tempo
suficiente, antes da data límite, para poder organizar o
traballo e corrixir calquera contratempo que se
presente.
No blog e na web do clube iremos colgando
información actualizada do XLV CAMPAMENTO
GALEGO DE ESPELEOLOXÍA segundo se vaia
producindo. Esperámosvos a todos no Caurel.

PROGRAMA
XLV Campamento Galego Espeleoloxía
O Caurel, Agosto 2012
Sábado 18.08.2012
10:00 a 11:00 horas
Recepción de participantes no Acampamento o Caurel,
coordinación e entrega de documentación.
11:00 a 21:00 horas
Actividade espeleolóxica e xeolocalización na zona.
Domingo 19.08.2012
10:00 a 11:00 horas
Charla didáctica no Local Social de Folgoso
11:00 a 12:00 horas
Coordinación de actividades.
12:00 a 18:00 horas
Actividade espeleolóxica Folgoso/Liñares
18:00 a 19:00 horas
Resumen das actividades e coordinación de participantes
no punto de encontro.
19:00 horas
Peche do XLV CAMPAMENTO GALEGO DE
ESPELEOLOXÍA e despedida dos participantes.


REGULAMENTO
-
O XLV CAMPAMENTO GALEGO DE
ESPELEOLOXÍA celebrarase en O Caurel – Lugo
os días 18 e 19 de Agosto de 2012
-É imprescindible estar en posesión da Licenza
Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para
poder participar no campamento. Os menores de
idade precisan de permiso paterno e acudir
tutelado por un adulto.
-Os participantes virán equipados con material
espeleolóxico tanto de progresión horizontal
como vertical. Tanto material individual como
colectivo.
-O límite para facer a inscrición será o Xoves 16
de Agosto de 2012.
-A organización no se responsabiliza de posibles
accidentes e declina toda responsabilidade.
-Calquera outra situación ou dúbida non prevista
por este regulamento será resolta pola
organización.
-Non esquezas: Realizar un traballo en equipo,
fundamento da exploración espeleolóxica.

MATERIAL NECESARIO:
 
Material camping e de durmida, manutención e material
de espeleoloxía (tamén vertical).
A ESTANCIA: Os asistentes poderan elixir libremente o
lugar de pernocta entre a ámplia oferta de aloxamentos
disponíbeis na zona, dende casas rurais hasta camping o
os refuxios da Feredación de Espeleoloxía o Motaña.
Para o cal deberán facer as oportunas reservas pola sua
conta.
Os interesados en pernoctar no refuxio de
Liñares deben indicalo no momento de facer
a inscripción. As plazas son limitadas e
asignaranse por orde de inscripción.
A pernocta dos participantes no XLV
Campamento de Espeleoloxía no refuxio de
Liñares ou no Camping será por conta da
organización. Os que opten por pernoctar no
camping deberan facer directamente a
reserva no camping e indicar no momento de
facela que participan no Campamento de
Espeleoloxía.

OUTRA INFORMACIÓN DE INTERES

Adxuntase un listado de posíbeis aloxamentos na
zona, con os teléfonos de contacto.
O Concello de Folgoso pon a disposición da
organización algunhas instalacións para facilitar o
desrenrolo das actividades do Campamento. Prégase
ós participantes manter en todo momento unha
conducta exemplar no coidado das instalacións, así
como extremar o coidado do entorno e non causar
molestias ós veciños.
Durante o transcurso do Campamento a organización
mantera aberto un «punto de encontro» onde os
participantes poderán coordinar as actividades a
desenrolar. No documento anexo indicase de xeito
preciso a ubicación.

No hay comentarios: