11.1.13

Travesía invernal : Montehigüero e La Crespa


  ACTIVIDADE DE MONTAÑA
Xaneiro en BABIA :: Travesía invernal : Montehigüero e La Crespa
26-27 de Xaneiro de 2013

OLLO! A XENTE QUE NON TEÑA EXPERIENCIA CON CRAMPONS QUE LEVE O ARNÉS
O mércores 23 enviarei correo aos apuntados con máis información.

Plan:
Venres: Saida de Ourense e noite no refuxio de Torrebarrio.
Sábado: Saida dende Torre de Babia cara a lagoa das Verdes e ascensión ao Montehigüero pola súa vertente norte. Por unha pala inclinada de entorno a 40-45º.  Avance polas lomas cara a Crespa e noite en Vivac ou tenda de campaña nas zonas altas.
Domingo: Continuación da travesía por varios cumios até a Crespa. Dende esta montaña, descender polo seu lado sur até La Riera de Babia onde rematamos a travesía.

Descrición:
A zona de Babia xa é un clásico bastante coñecido por todos nos. En particular o Montehiguero. Pero nesta ocasión a proposta é acometelo en inverno e manternos nos altos e se o tempo acompaña facer un vivac e continuar o domingo polas belísimas montañas próximas xa non tan coñecidas, até a Crespa. Unha mole con forma de media lua que tantas veces vemos nevada dende a estrada de camiño as Ubiñas e que percorreremos de norte a sur até a diminuta Riera de Babia, de novo no val.

Os desniveis rondan os 1000 m de subida o primeiro día e o mesmo de baixada para o segundo. O desnivel acumulada será algo maior na medida de que queiramos ir facendo outros cumios menores polo camiño.

O vivac-tenda queda supeditado a previsión meteorolóxica que teñamos o venres. De non ser favorable faremos ascensión a cada un dos cumios por separado. Durmindo no refuxio de Torrebarrio ou no seu defecto en Villasecino. Neste caso os desniveis serán maiores pero o menor peso nas mochilas farán as ascensións máis agradables ; )

A ruta non ten complicacións técnicas especiais pero é preciso levar crampons e piolet sobre todo para a ascensión pola pala norte do Montehigüero, no caso de estar nevada.
Non hai zonas de aristas nin pasos delicados pero si ao ir en grupo é recomendable levar o casco.
Hai auga no refuxio e en ambos os pobos.

Plano aproximado da actividade:


Material:
- Todo o necesario para vivaquear ou acampar (segundo o gusto de cada quen).
- Crampons e piolet de travesía, tamén casco.
- Comida para os dous días.

Apuntarse e pagar a actividade no clube. (Prezo 10 €)
Canto antes para reservar aloxamento no refuxio.

Organizan: Lucas Rodriguez e Víctor Barro.
Contacto: vbarro@gmail.com

No hay comentarios: